Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fernando Suárez seguirá catro anos máis á fronte do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fernando Suárez seguirá catro anos máis á fronte do CPEIG

S. P.
Publicado: 20/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpeig_xunta_goberno_cpeig.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de presentar a súa nova xunta de goberno: unha xunta de goberno de continuidade logo que no proceso electoral fose presentada unha soa candidatura, a encabezada polo actual presidente da entidade, Fernando Suárez, finalmente electa.
A xunta de goberno para o período 2023-2027, que se constituíu esta fin de semana nun acto celebrado no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago, está formada polo seguinte equipo:
Presidente: Fernando Suárez Lorenzo
Vicepresidenta: Susana Ladra González
Secretario: Juan José González Cid
Vicesecretario: Roberto Vieito Raña
Tesoureiro: Francisco Javier Rodríguez Martínez
Vicetesoureira: Lorena Otero Cerdeira
Vogal 1: Benigno Rosón Calvo
Vogal 2: María Pilar Vila Avendaño
Vogal 3: José Manuel Vázquez Naya
Vogal 4: Iván Luis Vázquez
“A clave é que estou rodeado de xente máis boa que eu, e conformamos un grupo unido que traballa para defender os intereses dos colexiados e colexiadas. Recibimos mensaxes de compañeiros para continuar co traballo realizado nos últimos catro anos e, xa ao rexistrarse esta única candidatura electoral, chegáronnos tamén felicitacións por esta nova etapa que agora iniciamos”, comentou Fernando Suárez trala súa reelección.
O presidente explicou que “tendo como estandarte a vocación de servizo ao corpo colexial, o CPEIG persegue o obxectivo, en Galicia e a través do Consejo de Colegios de Ingeniería Informática, de situar á profesión nun lugar destacado”. Ademais, Fernando Suárez asegurou que o CPEIG actuará como un axente activo a nivel social, difundindo valores en defensa da profesión á cidadanía, ás administracións públicas, á universidade e ás empresas. “É moi emocionante vivir nestes momentos unha profesión que está cambiando o mundo e que é un facilitador en moitos ámbitos da vida, polo que é fundamental intentar que a sociedade non teña medo á informática e ensinarlle a utilizar as súas ferramentas de forma segura e consciente”, afirmou, engadindo que a función da nova xunta de goberno para os vindeiros catro anos será “continuar traballando na regulación profesional, dado o crecente impacto da actividade da Enxeñaría en Informática na sociedade actual”.
Amais, sinalou que outras liñas do equipo serán seguir colaborando coas administracións públicas para a modernización da xestión administrativa, como acontece coa organización anual do Curso Superior de Administración Electrónica coa Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública; soster a colaboración co sector privado para o progreso e dixitalización de produtos e procesos; incentivar a colaboración coas universidades na adaptación e actualización dos plans de estudo, segundo a demanda actual do mercado laboral en materia das TIC; fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, en especial entre as rapazas, organizando obradoiros formativos como os que forman parte do programa TechKids posto en marcha coa Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, ou as diversas xornadas que se programan con motivo do Día das Rapazas nas TIC; ademais de recoñecer o traballo dos enxeñeiros informáticos coa celebración da Noite da Enxeñaría en Informática, a gala que anualmente organiza o CPEIG. “Un dos nosos retos é alcanzar a inclusión dos máis pequenos, as mulleres e as persoas maiores no eido da informática” –asegurou o presidente–.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?