Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña reforzará en 2024 a súa acción en Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña reforzará en 2024 a súa acción en Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 20/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna__viratec.jpgA Deputación da Coruña reforzará en 2024 a súa acción en Intelixencia Artificial, Biotecnoloxía, audiovisual e economía circular, todos eles, en palabras da institución provincial, “ámbitos industriais e estratéxicos para o futuro da provincia”. Así o confirmou a deputada de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, ao remate da reunión que mantivo na sede da institución provincial coa xerente do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Ana Botas. Unha xuntanza que serviu para sentar as bases de colaboración entre ambas entidades de cara a unha provincia máis sustentable e intelixente na xestión de recursos, sinalaron.
“Para a Deputación, constitúe unha prioridade avanzar na economía circular no ámbito provincial, así como na mellora da xestión actual de residuos e na redución da pegada ecolóxica, mediante un uso máis eficiente dos recursos do noso territorio e impulsando e apoiando a posta en marcha de proxectos e estratexias de economía circular no ámbito local”, explicou Rosa Ana García, que destacou que “a experiencia de Viratec neste ámbito é fundamental na busca de solucións ambientais no ámbito local”.
Cometidos de Viratec
O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular nace coa misión de incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que achegan solucións ambientais. Trátase dun “ecosistema de cooperación pública-privada e entre empresas que xera sinerxías entre distintas áreas de coñecemento, promove a I+D+i, mellora a formación e crea oportunidades de internacionalización, para contribuír ao desenvolvemento sustentable da sociedade galega e a preservación do seu medio ambiente, baixo os principios da economía circular”.
A visión do Clúster é a de “ser un referente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, a nivel local, nacional e internacional”.
As tecnoloxías ambientais son polo tanto unha das grandes prioridades, claves para “a consecución do desenvolvemento sustentable”. Segundo explican fontes de Viratec, a enxeñería ambiental leva anos axudando a afrontar os problemas ambientais de forma integral, tendo en conta as variables sociais, económicas, ecolóxicas e tecnolóxicas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?