Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un traballo sobre sexismo nos medios dixitais galegos obtén o Premio Ángeles Alvariño da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un traballo sobre sexismo nos medios dixitais galegos obtén o Premio Ángeles Alvariño da UDC

S. P.
Publicado: 21/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

patricia_gxdid.jpgA graduada en Xestión Dixital de Información e Documentación, Patricia López Bellas, vén de gañar o primeiro premio do XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño que promove a Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña. O seu traballo de fin de grao, titulado Mulleres na prensa: análise de sexismo de novas sobre maltrato e dirixido pola profesora da Facultade de Humanidades e Documentación, María Elena Alfaya Lamas, acadou o primeiro galardón na categoría de Artes e Humanidades. Como explica López Bellas, no seu traballo de fin de grao analiza un total de 30 novas sobre violencia machista publicadas nas edicións dixitais dos xornais galegos La Voz de Galicia e Faro de Vigo. A ex-alumna do Campus Industrial de Ferrol realizou unha análise comparativa entre as dúas cabeceiras para poder identificar similitudes e diferenzas en tratamento informativo da violencia de xénero. Amais, centrou o seu interese no contido desas 30 novas seleccionadas para tentar identificar outro tipo de patróns máis complexos como poden ser o ton e a actitude da nova cara as vítimas e as persoas agresoras, a presenza de estereotipos de xénero ou mesmo a inclusión de testemuños de persoas expertas nesta temática.
Entre as conclusións do seu traballo fin de grao, López Bellas salienta a necesidade de “mellorar a formación dos e das profesionais que integran as redaccións dos dous xornais en cuestións de xénero” e subliña que “o uso de determinados datos e informacións tales como a nacionalidade, a idade ou a situación social tanto da vítima como da persoa agresora son claros estereotipos de xénero que, en ocasións, poden desvirtuar o relato e atenuar certas responsabilidades”. Do mesmo xeito, a antiga alumna da Facultade de Humanidades e Documentación incide en como os medios priorizan as agresións físicas fronte outros tipos de violencia como pode sen a psicolóxica, a económica ou a social “facendo referencia a agresións verbais, ameazas ou insultos, considerados todos eles como delitos menores.”
Traballos académicos con perspectiva de xénero
A Oficina para a Igualdade de Xénero, dependente da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña, convocou o XI Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño co obxectivo de incentivar a realización de traballos académicos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de grao e de máster.
O xurado seleccionou os dous mellores traballos de fin de grao e os dous mellores traballos fin de máster nas categorías de Artes e Humanidades, Ciencias e Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura. O primeiro premio de cada unha das categorías recibirá un cheque por valor de 800 euros e o seu correspondente diploma acreditativo. Pola súa banda, as persoas galardoadas co segundo premio recibirán 200 euros xunto co xa citado diploma acreditativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?