Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Álvaro Gómez (UIE) participa nas xornadas hubNET enxalzando o incalculable valor da IA e o Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Álvaro Gómez (UIE) participa nas xornadas hubNET enxalzando o incalculable valor da IA e o Big Data

S. P.
Publicado: 22/11/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

hubnet_alvaro_gomez_intelixencia_artificial.jpgAs xornadas hubnet impulsadas Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa baixo o epígrafe Constrúe o teu futuro na era dixital contaron este martes 21 de novembro coa presenza de Álvaro Gómez, decano da Facultade de ADE e Dereito da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), quen puxo o foco na importancia futura que terán as tecnoloxías con capacidade de analizar información inxente e tomar decisións en base á súa análise. “Se a Revolución Industrial permitiunos superar as nosas limitacións físicas, a nova Revolución da Intelixencia Artificial permitiranos superar as nosas limitacións cognitivas”, dixo.
No seu relatorio, baixo o título A irrupción da Intelixencia Artificial nas empresas, o profesor da UIE fixo un repaso das tecnoloxías clave no avance da nova economía dixital. Entre elas, enumerou a 5G, co incremento de velocidade e de capacidade das redes para conectar máis dispositivos e transmitir un maior volume de datos; a Internet das Cousas, que permite un contexto no que todos os dispositivos están conectados e xerando datos; a cadea de bloques (Blockchain), que proporciona o rexistro seguro e inmutable dos datos; ou a nube (cloud), co acceso aos datos en aplicacións na nube, que contribúen no seu conxunto a que teñamos os datos necesarios para alimentar a aprendizaxe profunda (Deep Learning) e a Intelixencia Artificial.
Álvaro Gómez asegurou que nesta nova economía “os datos xerados por nós mesmos son o novo ouro negro”. E neste sentido, explicou que estamos nunha nova era que xa foi acuñada como “a era do capitalismo de vixilancia masiva” ou a do “colonialismo dos datos” na que os datos son o poder, e de aí a espionaxe masiva a cargo de empresas tecnolóxicas ou os sistemas de vixilancia que empregan gobernos como o da China.
O profesor da UIE repasou como foi avanzando a Intelixencia Artificial nos últimos anos, ata o nacemento da IA Xenerativa, que “trae unha verdadeira revolución en todos os ámbitos, tamén nas empresas, nun cambio rapidísimo ao que non temos moito tempo para adaptarnos”.
Entre todos estes cambios, analizou en primeiro lugar os que afectan o emprego. “A IA Xenerativa ten o potencial de incrementar a produtividade moito máis rápido que outros descubrimentos tecnolóxicos”, explicou Álvaro Gómez, que engadiu que “imos cara a un mundo no que a maior parte do traballo farano as máquinas”. Por outra banda, apuntou a unha segunda repercusión, coa demanda de novos perfís laborais ligados ao desenvolvemento da Intelixencia Artificial e o xurdimento de novos profesionais apoderados como os prompt engineer.
O profesor da UIE tamén analizou a aplicación da IA ao desenvolvemento de novos produtos. Explicou que a análise dos datos dos consumidores está a permitir crear novas solucións á medida do gusto dos usuarios. Porén, subliñou como outros exemplos o impacto que a IA ten no deseño de novos fármacos, de novos materiais, ou a forma na que a aprendizaxe automática está a revolucionar o aproveitamento do coñecemento científico dispoñible grazas a sistemas que permiten revisar e extraer información de millóns de artigos científicos publicados.
Onda os avances que está a traer na investigación, citou tamén outros ámbitos con grandes transformacións grazas á aplicación da Intelixencia Artificial, entre eles o da programación, a selección de persoal ou os traballos creativos, áreas nas que a IA ábrese camiño nas empresas. “Vai ser imposible competir con toda esta tecnoloxía se non a incorporamos”, afirmou.
Analizando os riscos
Álvaro Gómez tamén abordou os riscos da Intelixencia Artificial, que, recoñeceu xeran gran inquietude e un intenso debate social. Así, lembrou as palabras de Stephen Hawking, que consideraba esta tecnoloxía como unha gran ameaza: “Os computadores superarán aos humanos grazas á IA nalgún momento dos próximos cen anos. Cando iso aconteza temos que asegurarnos de que os obxectivos dos computadores coincidan cos nosos”. “A posibilidade de autoaprendizaje da computación está a conducirnos a un momento de singularidade tecnolóxica no que unha IA capaz de automellorarse superará os límites do humano”, apuntou o experto.
Nesta materia, lembrou o desenvolvemento da primeira Lei da IA da Unión Europea, que pretende regular a Intelixencia Artificial para garantir mellores condicións de desenvolvemento e uso desta tecnoloxía. Nela, o lexislador define os sistemas de IA de risco inaceptable, que se consideran unha ameaza para as persoas e serán prohibidos. Entre eles inclúense a manipulación cognitiva do comportamento de persoas ou grupos vulnerables específicos; a puntuación social, que implica a clasificación de persoas en función do seu comportamento, status socioeconómico ou características persoais; ou os sistemas de identificación biométrica en tempo real e a distancia, como o recoñecemento facial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?