Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra e Lugo no top de destinos máis buscados de España no portal Booking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra e Lugo no top de destinos máis buscados de España no portal Booking

S. P.
Publicado: 23/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_pontevedra-4.jpgO traballo en materia turismo e tecnoloxías dos nosos Concellos está a dar importantes resultados na Rede. Isto é aplicable a Pontevedra e a Lugo, que veñen de obter un importante recoñecemento no portal Booking, o buscador de aloxamentos turísticos, onde Pontevedra resultou ser a cidade do eido estatal con maior número de buscas por enriba de Madrid e Barcelona, e onde Lugo acadou un máis que meritorio sexto lugar.
As reaccións non se fixeron agardar. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, amosou a súa satisfacción polo interese xerado pola cidade no dito portal turístico: “Isto quere dicir que Pontevedra está de moda, que Pontevedra é atractiva, pero é atractiva por moitísimas cousas, sobre todo pola xente, pola súa capacidade de acollemento, pola súa comodidade, polo seu respecto ao medio ambiente, pola gastronomía, e porque está, ademais, nun espacio que son as Rías Baixas que eu sempre dixen que era o Caribe de Galicia”.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura e Turismo de Lugo, Maite Ferreiro, afirmou que “ano a ano vemos como a acción da área de Turismo continúa a mellorar os datos de visitantes”, e salientou o sexto posto obtido en Booking na listaxe de destinos máis buscados do 2024. Para a edil, “isto demostra que Lugo está xa no mapa dos destinos turísticos de calidade, tócanos seguir traballando para consolidar este posto e seguir mellorando para ser un referente a nivel estatal e internacional”.
Sinalar a maiores que Vigo foi quen de acadar o número 13 da dita clasificación, seguida a pouca distancia de Ourense, no posto 19 da posición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?