Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone, Ericsson e Qualcomm realizan a primeira chamada de datos 5G de capacidade reducida en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone, Ericsson e Qualcomm realizan a primeira chamada de datos 5G de capacidade reducida en Europa

S. P.
Publicado: 23/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

5g_vodafone_qualcomm.jpgEricsson, Vodafone e Qualcomm Technologies realizaron as primeiras probas de datos RAN Reduced Capability (RedCap) nunha rede europea, unha probas que, segundo informaron as tres empresas, “sentan os alicerces para que moitos dos dispositivos IoT (Internet das Cousas) e outros dispositivos conectados transmitan datos de forma máis eficiente e sinxela”. O piloto realizouse o 21 de setembro co software RedCap RAN de Ericsson utilizando a rede 5G de probas de Vodafone España CREATE (Ciudad Real España Advanced Testing Environment). O piloto saldouse con éxito, segundo relatou a operadora.
Vodafone explica que RedCap habilita a conectividade para dispositivos máis simples, desde dispositivos portátiles como os smartwatches ata dispositivos IoT como os medidores de auga intelixentes, permitindo que moitos máis dispositivos se conecten a redes 5G e transmitan datos con baixo consumo e cun menor custo. “Desta forma, conséguense melloras nos casos de uso 5G existentes e créanse novas oportunidades”, sinala a operadora, engadindo que esta tecnoloxía, chamada New Radio Light, funciona con dispositivos de menor complexidade que poden ser máis pequenos, máis baratos e cunha maior duración da batería que os dispositivos tradicionais que fan uso da banda larga móbil. Amais, a tecnoloxía pode complementar as API de rede desenvolvidas por Vodafone para que os seus clientes alonguen a duración da batería dos seus dispositivos.
A demostración realizouse facendo uso da plataforma Qualcomm Snapdragon X35, o primeiro módem NR-Light, que, segundo indicaron, pecha a brecha da complexidade entre os dispositivos de banda larga móbil de alta velocidade e os de largo de banda reducido e baixo consumo. Estas probas forman parte dos pasos previos á introdución de dispositivos comerciais baseados en Snapdragon, prevista para 2024.
“As probas marcaron un punto de inflexión para os fabricantes de equipos orixinais (OEMs), os operadores de rede e os usuarios, xa que marca un camiño claro cara a novos dispositivos e casos de uso comercial”, explicou Dino Flore, vicepresidente de Tecnoloxía de Qualcomm Europa, engadindo que “o uso de redes comerciais 5G para aplicacións de menor largo de banda supón un fito importante, non só porque ofrece a posibilidade de cambiar a dispositivos 5G de baixo consumo, senón que tamén se basea nas vantaxes actuais e futuras que ofrece o 5G SA. Continuaremos traballando con clientes, industria e os nosos socios para acelerar a creación de dispositivos 5G que impliquen novos e emocionantes casos de uso para as empresas e os usuarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?