Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Plataforma Dixital Agroforestal achega a IA e a aprendizaxe automática aos sectores agrario e forestal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Plataforma Dixital Agroforestal achega a IA e a aprendizaxe automática aos sectores agrario e forestal

S. P.
Publicado: 23/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

bosque_forestal_tronco_medio_rural-2.jpgA Xunta anunciou unha importante novidade para o sector forestal: a posta a disposición dos profesionais, e tamén da Administración, de tecnoloxías avanzadas (Intelixencia Artificial e aprendizaxe automática, entre outras) para facilitar e axilizar xestións e consultas de toda índole. Isto será posible grazas á Plataforma Dixital Agroforestal de Galicia. En concreto, dende este servizo, agricultores, gandeiros e silvicultores poden cumprir as súas obrigas coa Administración, xestionar axudas, programar, realizar o seguimento das súas explotacións ou acceder a todo tipo de información de utilidade, entre outras funcionalidades.
O Consello da Xunta autorizou a contratación da Plataforma Dixital Agroforestal de Galicia o pasado mes de setembro, como continuación das iniciativas Proxecto Primar e Agro 4.0, que desde 2016 sentaron as bases para a transformación dixital destes sectores. Trátase dunha iniciativa na que traballan conxuntamente a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
A contratación ten un valor estimado de 8,4 millóns de euros, que son cofinanciados polo programa FEDER Galicia 2023-2027.
Procedencia dos datos e integración
Permitirá ofrecer unha solución que integra a xestión de explotacións agrarias (XEAGA) e unha evolución do Observatorio de Parcelas (OPA); así como datos procedentes de Sistemas de Información Cartográficos (SIC); fotos de satélite; sistemas de xestión (como a Oficina Virtual Agraria, a Sede Electrónica da Xunta, xestión de biomasa, instrumentos de mobilidade de terras…); ou sistemas internos de xestión, como rexistro de exportacións, xestión de movementos gandeiros, rexistros forestais, xestión de axudas…
A plataforma deseñarase tamén para recibir información externa, como a dos sistemas nacionais de información de explotacións agrarias, aplicacións móbiles ou sistemas de xestión de terceiros (empresas) , entre outros exemplos.
O sistema expón tamén o intercambio de información coa Plataforma Territorio Intelixente de Galicia e o proxecto iCousas (da internet das Cousas – IoT), que está en fase de implantación e que permitirá a instalación en toda Galicia de ata 300.000 sensores que proporcionarán información a tempo real de todo tipo.
Tecnoloxías innovadoras
retegal_codigo_244.jpgEstes datos poderán ser procesados con tecnoloxías innovadoras, como a aprendizaxe automática, a automatización ou o IoT (Internet das Cousas). Por exemplo, a aprendizaxe automática xa está a ser usada para que, a partir de fotos de satélite, o sistema “aprenda” a identificar cultivos de viñedos (é dicir, que “saiba” se o que hai plantado son viñas e non kiwis, por citar un caso). Desta maneira, os técnicos encargados de manter actualizado o rexistro de viñedos dispoñen dunha ferramenta que lles pode axudar no seu traballo e evitar moitos desprazamentos.
Aplicacións prácticas
Grazas a esta forma de obter e procesar os datos, os profesionais dos sectores agrario e forestal poden, desde unha aplicación de escritorio, e en moitos casos tamén desde o teléfono móbil, acceder a todo tipo de utilidades. Permite, por exemplo, manter un rexistro da súa actividade que inclúe a planificación de accións como a sementa ou os diferentes tratamentos para os cultivos. Poden tamén xestionar os diferentes elementos das explotacións, como a maquinaria, instalacións, puntos de auga, operarios…
Amais, poderranse manter actualizados os cadernos de explotación electrónicos, en relación coas obrigas derivadas da Política Agraria Común. Facilitará a xestión de axudas e os trámites administrativos en xeral. E incluirá o acceso a visores e á declaración gráfica de cultivo para realizar seguimentos, anotacións, medicións…
Aberta ao futuro
Unha das principais vantaxes da Plataforma será a súa escalabilidade. É dicir, está preparada para acoller novas funcionalidades no futuro. Entre elas, xa están previstas algunhas como a adaptación para ámbitos funcionais específicos (vitícola, gandeiro, forestal…), o desenvolvemento dunha API pública (ao servizo de desenvolvedores), a integración con novos sistemas de rexistro ou tramitacións sectoriais, ou a evolución do módulo do sistema de información xeográfica e visor asociado. Está aberto tamén a técnicas de simulación (como a que se poida facer en xemelgos dixitais) e á evolución doutras tecnoloxías innovadoras.
Para facilitar o uso das ferramentas, a Xunta está a realizar presentacións ou seminarios, e tamén accións formativas presenciais. As persoas usuarias tamén dispoñerán de manuais e información de uso na web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?