Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN inviste 4 millóns de euros en 9 proxectos de investigación no marco de Ignicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN inviste 4 millóns de euros en 9 proxectos de investigación no marco de Ignicia

S. P.
Publicado: 23/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20231123igniciacoruna1.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) vén de resolver a fase de financiamento da convocatoria Ignicia Proba de Concepto, que apoia a chegada ao mercado dos resultados da investigación galega co obxectivo de “valorizar a ciencia excelente feita en Galicia”, á vez que “se xeran retornos económicos”. En total, a Xunta investirá 3,96M€ en nove proxectos.
A directora de GAIN, Patricia Argerey, deu a coñecer esta resolución no curso dunha visita ao grupo de reumatoloxía do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), que recibirá un investimento de 607.000 euros para avanzar no desenvolvemento clínico dun tratamento innovador para a artrose (baseado na administración de fenofibrato en microesferas de liberación prolongada mediante a inxección intra-articular) e constituír unha spin-off para a explotación comercial desta tecnoloxía no 2025.
O proxecto, liderado por Beatriz Caramés, conta coa colaboración da USC e da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (FIDIS). A participación neste programa permitiralles validar clínica e comercialmente a súa tecnoloxía, definir e validar o modelo de negocio, constituír o equipo da compañía e estruturar a futura spin-off.
20231123igniciacoruna2.jpgOs nove devanditos proxectos foron seleccionados no pasado mes de xullo e durante setembro e outubro foron asesorados para madurar os plans de negocio. Coa resolución favorable do comité de investimentos, os proxectos contarán coas achegas económicas precisas para comezar as actuacións a comezos de 2024.
Segundo informou Argerey, esta cuarta edición da convocatoria “é na que máis proxectos serán apoiados, nove en total, dos que seis pretenden chegar ao mercado a través da creación dunha spin-off, mentres que os tres restantes propoñen o licenciamento á industria da súa tecnoloxía”. Os nove proxectos implican a 47 investigadores e teñen prevista a contratación doutros 22 profesionais, co que involucrarán un total de 69 persoas.
As iniciativas pertencen a unha ampla variedade de sectores: enerxético, biotecnoloxía mariña, industrial, TIC (5G, Intelixencia Artificial e robótica) e sanitario. Dous proxectos foron apoiados previamente por programas europeos e un nacional.
Desde a súa posta en marcha no 2016, a Xunta investiu 14,3 M€ nesta convocatoria de Proba de Concepto, dos 16,6 M€ investidos en total no programa Ignicia. Este programa lévase a cabo en colaboración coa Fundación Barrié.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?