Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O auditorio da FEUGA acollerá o encontro As nosas, eixo sobre mulleres referentes galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O auditorio da FEUGA acollerá o encontro As nosas, eixo sobre mulleres referentes galegas

S. P.
Publicado: 24/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

as_nosas_feuga_igape.jpgSerá o vindeiro venres, 1 de decembro, cando o auditorio da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) de Santiago de Compostela acolla un evento centrado en presentar referentes e salientar algúns dos perfís femininos que moven Galicia na actualidade. O dito encontro, chamado As nosas, quer servir para dar azos a máis mulleres e visibilidade ás que xa son relevantes no panorama económico galego, amais de contar experiencias persoais á hora de emprender ou liderar proxectos.
Cómpre informar que xa non quedan prazas libres, mostra do interese que suscitou esta iniciativa. Impulsado por Carmen Pumariño e Sandra Castro, e baixo o paraugas de nosday e a asociación Startup Galicia, a cita conta co apoio do IGAPE e FEUGA, desde a súa área de Innovación e emprendemento.
Indo ao encontro en cuestión, Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence, será a encargada de abrir os relatorios, expoñendo o papel dos novos liderados femininos en empresas tractoras galegas. Mar Rodríguez, CEO de NORNNA; Bárbara Román, CEO de Nolegaltech e Cristina Vázquez, socia e directora de operacións de Teimas, compartirán unha mesa centrada na perspectiva da muller no traballo, moderada por Loreto Peteiro, redactora xefe de Quincemil. Beatriz Legerén, emprendedora e profesora da Universidade de Vigo; Cris Barreiro de DuckDuckGo, Irene Prieto, Senior Product Manager de Ikea e Maruxa Quiroga, CEO de TasteLab & SENSESBIT, serán as protagonistas do espazo adicado a mulleres referentes. Por último, será a quenda para as novas emprendedoras con Laura Rodríguez, cofundadora e CEO de Humara; Rebeca Calvo, co.fundadora e directora de Psicoloxía de Mentiness; Sandra Canda, CEO de Sparelajarse e Beatriz Lorenzo, CEO e socia fundadora de Real Impact.
A entrada é de balde, aínda que xa sinalamos que non quedan prazas libres. En As nosas tamén haberá espazo para o networking nun xantar, que completa o programa dunha xornada que busca tecer alianzas, pór o foco no traballo de líderes nas súas áreas e que quere chamar a atención das novas xeracións de emprendedoras de Galicia.
Para máis información sobre As nosas premer na ligazón específica habilitada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?