Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aprobados no pleno da Deputación os 8,6 millóns de euros do centro Coruña Estudio Inmersivo (CEI)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aprobados no pleno da Deputación os 8,6 millóns de euros do centro Coruña Estudio Inmersivo (CEI)

S. P.
Publicado: 27/11/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pleno_dipu_1.jpgA Deputación da Coruña aprobou en pleno, con 17 votos favorables (do PSOE, do BNG e de Alternativa dos Veciños) os orzamentos da entidade provincial para o ano 2024, que serán de 222.151.200 euros, a contía máis alta da historia da institución e un 7,2 % superior ao do actual exercicio.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, defendeu que os orzamentos terán como principais prioridades “a creación de emprego, o benestar social e o desenvolvemento do rural” e destacou a gran importancia de programas coma o Plan único de obras e servizos (POS+) ou o Plan de emprego local (PEL), que, segundo dixo, “están sendo fundamentais para a creación de emprego, infraestruturas e oportunidades, en particular nos pequenos municipios da provincia”.
Nos orzamentos 2024, o Plan de Emprego Local (PEL) tamén o seu orzamento en 2024 ata os 16 millóns de euros (un 24,1% máis). Este medre permitirá reforzar programas de contratación de persoal en empresas e concellos e apoio ao emprendemento, pero ademais, o PEL apostará en 2024 por potenciar sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, a economía circular ou o sector audiovisual, coa construción de Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior estudio audiovisual virtual de España, que se localizará na Cidade das TIC.
deputacion_coruna_cidade_das_tic_escenario_virtual_audiovisual.jpg Así, Coruña Estudio Inmersivo (CEI) supón un investimento de 8,6 millóns de euros, co-financiado con fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España no marco do proxecto España, Hub audiovisual de Europa.
A Deputación adxudicou o pasado agosto a Telefónica o desenvolvemento da tecnoloxía por 6,1 millóns de euros e ten en licitación a construción do edificio que albergará o CEI por 2,5 millóns de euros.
Telefónica encargarase da parte de enxeñaría, dos sistemas de pantallas LED, iluminación, cámara e ópticas, tracking, escenografía virtual e xestión de media, das salas VFX e realizar a posprodución de audio, ademais da instalación, da formación, do mantemento e do soporte técnico.
Segundo explicou a Deputación, o sistema de pantallas LED incorporará unha pantalla semicircular cun mínimo de 28 metros de longo e 6 metros de alto e resolución mínima de 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, “coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade”. Este sistema de pantallas, engadiu a institución provincial que preside Valentín González, “permitirá recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual, emprazándose nun gran plató de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio”.
O escenario incorporará a maiores un sistema de iluminación xeral e de reforzo, sistemas de cámaras e ópticas cos seus soportes e accesorios, sistema de tracking, sistema de escenografía virtual, xestión de media, infraestrutura de vídeo e rede de datos. Tamén se inclúe o sistema eléctrico e a dotación tecnolóxica das salas VFX e de posprodución, conseguindo que o equipamento funcione de forma integrada.
pleno_3.jpgA Deputación aclarou recentemente que “a combinación dos sistemas de escenografía virtual VR/AR/XR e pantallas LED posibilitarán aos produtores de cine e televisión a creación de contornas virtuais altamente detalladas e realistas que ofrezan unha experiencia inmersiva ao espectador e que posibiliten a creación de contido interactivo e de Realidade Aumentada de forma que os actores poidan interactuar cos elementos virtuais en tempo real”. A entidade provincial tamén salienta que esta instalación innovadora permitirá “asumir un amplo rango de producións cinematográficas ou de series, así como producións broadcast e publicitarias”. Tamén se poderán crear, xestionar e transmitir eventos virtuais en diversos campos como entretemento, educación ou capacitación corporativa, entre outros.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “con este estudio audiovisual virtual sitúase á provincia da Coruña na vangarda internacional, mellorando a competitividade das empresas galegas do sector, e poñendo a Galicia como localización estratéxica de producións de cine, televisión ou videoxogos”.
Ademais do equipamento, a Deputación xa completou a redacción do proxecto de construción do edificio que albergará o CEI nun edificio de nova construción localizado na Cidade das TIC da Coruña, cunha superficie en planta de 4.160 metros cadrados, dos cales 750 metros resérvanse para albergar o plató virtual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?