Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As JAI 2024 xa teñen data de celebración e festexarán os seus 20 anos de existencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As JAI 2024 xa teñen data de celebración e festexarán os seus 20 anos de existencia

S. P.
Publicado: 27/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

jai3-2.jpgAs JAI (Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial) estarán de aniversario o vindeiro ano, dúas décadas unindo o mundo profesional e o universitario, e será Vigo o escenario deste 20 aniversario. Deste xeito, a cidade olívica será o epicentro da automatización, a robótica e a dixitalización industrial, xa que as JAI 2024 terán lugar na mesma semana de novembro na se celebren outras dúas citas de alto nivel no eido da automatización industrial: o 6º AER Summit, organizado por AER Automation (Asociación Española de Robótica y Automatización) e unha reunión técnica da sección española de ISA (International Society of Automation), que se levarán a cabo no campus.
Xa se coñecen as datas da JAI 2024, serán entre o 4 e o 8 de novembro, como anunciaba a semana pasada en Valencia (no marco do 5º AER Summit) o profesor da Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo e impulsor das JAI, José Ignacio Armesto.
Malia que falta aínda un ano para a celebración das JAI, a organización ten xa pechada a sesión plenaria, que será impartida polo cirurxián Diego González Rivas, especializado no tratamento do cancro de pulmón, entre outras patoloxías, en hospitais de máis de 100 países. Nas JAI explicará en que consiste a súa “revolucionaria técnica Uniportal, que permite operar dentro da cavidade torácica a través dunha pequena incisión empregando cirurxía toracóscopica ou cirurxía robótica”. Na actualidade, o doutor González Rivas está inmerso nun novo proxecto en Shanghai co robot Shurui, o máis avanzado do mundo.
Facendo un repaso ás JAI, as súas orixes están no ano 2004 e teñen unha periodicidade bienal. Nadas a xeito de foro de reunión de empresas do sector co alumnado e co profesorado, as JAI teñen vontade de dar a coñecer as últimas tendencias e novidades nos ámbitos da automatización, dixitalización e robotización industrial.
uvigo_armesto_jai1.jpgA evolución foi evidente: na primeira edición participaron cinco multinacionais, na última foron 35. “Se contabilizamos o total de firmas que impartiron conferencias nalgunha edición do evento ao longo destes 20 anos, supérase a centena, o que para un evento de carácter universitario non deixa de ser, na miña opinión, sorprendente”, salienta Armesto. Ademais, as JAI contan tamén cunha zona expositiva, con demostradores dalgunhas das tecnoloxías presentadas no evento, unha parte do evento na que en 2022 se deron cita 40 firmas do sector. “Mirando a evolución do evento con perspectiva, creo que podemos afirmar que serve como modelo, como caso de éxito, para expoñer outras iniciativas similares no ámbito universitario. Sen dúbida, un factor clave está relacionado cun dos meus lemas favoritos: “a unión fai a forza”.
Logo de 20 anos e dez edicións, a contorna tecnolóxica industrial ten evolucionado moito. Aínda que as tecnoloxías de base son as mesmas e equipamentos como os autómatas programables, os sistemas de control distribuído ou os robots industriais seguen moi presentes nos escenarios industriais, “estes incorporan cada vez máis tecnoloxías de vangarda como a Intelixencia Artificial, a aprendizaxe profunda, o internet das cousas, a realidade virtual ou aumentada, etc”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?