Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 3º Plan UNICO achega 90 millóns para dotar de Internet de calidade a 236.254 fogares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 3º Plan UNICO achega 90 millóns para dotar de Internet de calidade a 236.254 fogares

S. P.
Publicado: 27/11/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pedro_blanco_xermade_terceiro_plan_unico.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, anunciou en Xermade (Lugo) un novo investimento de 19,4 millóns de euros do Goberno para, nas súas palabras, “completar a extensión de Internet de alta velocidade a todos os recunchos de Galicia”. Trátase da terceira convocatoria do Programa UNICO de Banda Larga do Ministerio de Transformación Dixital, que suma un investimento global de 90 millóns de euros na comunidade galega para levar a conexión de calidade a 236.254 fogares e empresas que ata agora non contaban con este servizo antes de finais de 2025.
Na provincia de Lugo, a empresa Avatel será a encargada de levar Internet de alta velocidade a 11.132 fogares e empresas no marco desta terceira convocatoria, que financia o Goberno con 4.268.715 euros.
Pedro Blanco lembrou que Internet “é unha ferramenta que hoxe está en todos os aspectos das nosas vidas, que é chave para o desenvolvemento dos concellos do século XXI e tamén para a dinamización da actividade económica no rural”. Neste sentido destacou que “somos o Goberno que trouxo investimentos para solucionar un problema real despois de anos sen avances nesta materia por parte da administración autonómica”.
O delegado sinalou que iniciativas como o Programa UNICO, que se financia con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, “son un exemplo máis de que o diñeiro do Goberno chegan a todos e cada un dos concellos galegos. E fano para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas, como no caso de Xermade, onde máis de 2.000 veciños e veciñas que carecían de Internet de alta velocidade van ter agora este servizo”. En concreto, o tres convocatorias permitirán levar Internet de alta velocidade a través de fibra a 2.077 familias e empresas do municipio a través de 484 proxectos que executan as empresas seleccionadas.
Facendo un algo de balance, Branclo lembrou que o investimento do Goberno nas dúas convocatorias anteriores, xa en execución, foi de 71,2 millóns de euros. Na primeira, Telefónica foi a empresa adxudicataria, mentres que na segunda o galega Vento Rede encárgase da despregadura na Coruña; Avatel en Pontevedra e Ourense, e Adamo en Lugo.
Nesta terceira convocatoria Vento Rede adxudicouse de maneira provisional as provincias da Coruña e Pontevedra, mentres que Avatel foi seleccionada para executar as conexións nas provincias de Lugo e Ourense. O investimento total que se mobilizará, sumando a achega das empresas a axuda do Goberno, ascende a 131 millóns de euros no tres convocatorias.
O delegado e o alcalde de Xermade, Roberto García, repasaron os apoios do Goberno ao Concello de Xermade nestes anos, entre os que destacan os 4.000 euros para a posta en marcha dunha Aula Mentor ou os 403.000 euros dos fondos de Transición Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica para a rehabilitación da antiga casa reitoral para convertela no futuro Centro Internacional de Tornaríaa do municipio, que acolle o Encontro Internacional de Torneiros de Madeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?