Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno de Ames reúnese cos coworkers do espazo colaborativo A Proa para realizar proxectos comúns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno de Ames reúnese cos coworkers do espazo colaborativo A Proa para realizar proxectos comúns

S. P.
Publicado: 28/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ames_reunion_coworkers_a_proa_2.jpgO alcalde de Ames, Blas García, e mailo resto de concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno mantiveron unha xuntanza no espazo colaborativo A Proa coas persoas que desenvolven diferentes proxectos nestas instalacións municipais. O obxectivo de dito encontro foi ter unha primeira toma de contacto para poder colaborar e realizar proxectos comúns a través do banco de horas.
O espazo colaborativo A Proa conta con 36 postos, dos cales na actualidade hai 19 ocupados con 14 proxectos diferentes sobre mercadotecnia dixital, produción audiovisual, educación, arquitectura, economía circular, comercio internacional, medio ambiente, etc.
As empresas instaladas na actualidade son 14: Impulsa Dixital, Indígena Films, Palabra Reparadora, Marxe e Territorios Latentes, Aquelando SL, Angel Marcelino Costa, Hub of English, Serea Film, Temporit, Leiloio Internacional, Eco-Huella, Andrea Ferreti Moncau, Rosa Taboada, de Martela Films, e Fernando Rodríguez.
Para que os/as coworkers coñezan aos responsables das distintas áreas municipais, realizouse unha xuntanza na que se estableceu unha primeira toma de contacto entre as persoas que ocupan un posto de traballo na Proa e os membros do Goberno. Dese xeito, os/as coworkers puideron coñecer ao alcalde e concelleiros/as e estes últimos coñeceron os proxectos que realizan os propios coworkers.
Trala xuntanza, a comunidade de usuarias e usuarios de A Proa quedaron en enviar unha proposta de proxectos que realizarán para o Concello de Ames. Este proxectos faranos con cargo ao banco de horas que teñen asignado. No momento no que realicen a solicitude para ocupar un posto no espazo colaborativo A Proa comprométense a realizar unha serie de horas en beneficio do Concello de Ames e achegar outras horas de traballo para desenvolver proxectos en común co resto de coworkers.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?