Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Santiago aproba por unanimidade a declaración institucional de apoio á Iniciativa Xabarín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Santiago aproba por unanimidade a declaración institucional de apoio á Iniciativa Xabarín

S. P.
Publicado: 30/11/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

marcos_maceira_e_goretti_sanmartin_mesa_normalizacion_concello_santiago.jpgO Concello de Santiago aprobou este xoves 30 de novembro, por unanimidade dos membros da Corporación municipal, a declaración institucional de apoio á iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Como lembraremos, esta iniciativa procura “unha ampla oferta audiovisual en galego para a infancia e a mocidade coas canles Xabarín da TVG dispoñibles en todas as operadoras, para todos os dispositivos e por todos os medios, con contidos de éxito, educativos, culturais e de produción galega”.
Reclama tamén “a existencia de opción dobrada ao galego, en igualdade co estabelecido legalmente para o castelán, nos catálogos das operadoras e plataformas de televisión”.
A declaración, aprobada polo pleno e asinada polos portavoces de PP, BNG, PSdG-PSOE e CA, insta a todas as administracións públicas, entes e entidades “a que cumpran os acordos da Iniciativa Xabarín aprobados polo Parlamento de Galiza en 2021”.
Aliás, insta a operadoras e distribuidoras de contidos audiovisuais a que se sumen á difusión de contidos en galego para a infancia e a mocidade.
Pola súa banda o Concello de Santiago comprométese a ser referente na defensa do galego na infancias a través das entidades municipais.
En intervención perante o pleno compostelán, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, mostrou o agradecemento da Mesa pola Normalización Lingüística a todos os grupos municipais “non só polo apoio á Iniciativa Xabarín, senón polo que implica para garantir a presenza e normalización do uso do galego en todos os ámbitos da vida social, nomeadamente para as crianzas”.
Maceira lembrou todo o traballo desenvolvido pola Mesa ao redor da Iniciativa Xabarín, desde a aprobación unánime polo Parlamento autonómico, á introdución na Lei Xeral de Audiovisual de cotas de emisión en galego para todas as operadoras, garantía de versión en galego para todos os contidos destinados a menores de 12 anos ou a aprobación dunha emenda no Parlamento Europeo, promovida pola Mesa, que inclúe as linguas cooficiais propias nos requisitos lingüísticos da Directiva europea.
Porén, sinalou Maceira, “despois de dous anos e medio, todo este traballo realizado aínda non se materializou en accións concretas: a lingua galega é a única do Estado que non conta cunha canle temática infantil nas operadoras de televisión e só está presente en 0,83% da oferta dispoñible; a oferta infantil da TVG pasou de 73 horas semanais en 2017 a 20 horas en 2023; as plataformas audiovisuais estatais só ofertan en galego 0,28% dos seus contidos infantís e xuvenís e as internacionais 1,1%”. Ademais, engadiu, “plataformas públicas como RTVE Play só contan con 2 títulos en galego, cero infantís, mentres a canle infantil pública Clan TVE non dispón de nada en galego”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?