Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rubén Cela salienta o potencial do Proxecto Nós para garantir o futuro dixital do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rubén Cela salienta o potencial do Proxecto Nós para garantir o futuro dixital do galego

S. P.
Publicado: 04/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ruben-cela-8.jpgA sede na Coruña da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda acolleu unha actividade tecnolóxica abeirada ao ciclo Pensando o futuro: a conferencia Intelixencia Artificial e as novas tecnoloxías lingüísticas: oportunidades para a lingua galega, impartida por Rubén Cela, actual director da Oficina Técnica do Proxecto Nós, proxecto para incrementar a presenza do galego no panorama actual da IA, impulsado pola Consellería de Educación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago. A sesión foi presentada pola catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña (UDC) Nieves Rodríguez Brisaboa.
Segundo explicou Cela, Nós defínese como un “proxecto inédito en Galicia que permitirá xerar os recursos dixitais e lingüísticos precisos para facilitar o desenvolvemento de aplicacións baseadas en Intelixencia Artificial (IA) e Tecnoloxías da Linguaxe (TL) tales como asistentes de voz, tradutores automáticos e axentes conversacionais en lingua galega.”
En termos máis concretos e prácticos, o obxectivo central do Proxecto Nós é “promover a presenza dixital do galego, garantindo que a nosa lingua non fique excluída dos novos desenvolvementos TIC, mediante a creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos de alta calidade que serán postos, de xeito gratuíto, a disposición de calquera institución, organización ou empresa que queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo que incorpore o galego”, sinalou o relator, engadindo que con estas liñas de traballo búscase garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos no mundo dixital e contribuír á modernización e dixitalización do ecosistema de empresas galegas e á creación de valor con novos produtos que empreguen a lingua galega.
ruben-cela-5.jpg Rubén Cela sinalaba os seguintes entre os obxectivos xerais do Proxecto Nós: “Crear os medios dixitais necesarios para que o galego prospere como lingua viva na era dixital, deesenvolver recursos e ferramentas para o procesamento automático do galego e distribuílos baixo licenzas libres, elaborar demostradores que permitan visibilizar as posibilidades dos recursos, facilitar que empresas e institucións desenvolvan casos de uso, e crear un ecosistema galego innovador arredor das tecnoloxías da linguaxe.
Para Rubén Cela, Nós tamén é destacable porque “vai impedir a morte dixital do galego”, e porque aglutina en si mesmo “o meirande investimento directo para a promoción da nosa lingua na historia”. Ademais, dixo, todos os resultados serán en aberto e gratuítos e terá unha menor obsolescencia que outro tipo de proxectos tecnolóxicos.
O 5 de xuño de 2023 o proxecto Nós lanzaba as tres primeiras ferramentas que posibilitan a interacción en galego entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos: o primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galiza, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto e unha aplicación de síntese de voz que a partir dun texto é quen de ler en galego.
Rubén Cela pechou con esta sesión o ciclo Pensando o futuro na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Cela tamén lembrou Nós recibe a través da USC 2 millóns de euros do PERTE Nova Economía da Lingua para o período 2023–2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?