Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O MUVI leva ao MIHL de Lugo, a partir deste martes, a mostra Literatura e videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O MUVI leva ao MIHL de Lugo, a partir deste martes, a mostra Literatura e videoxogos

S. P.
Publicado: 04/12/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

muvi_mihl_lugo_exposicion_videoxogos.jpgA Área de Cultura e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) organizan a exposición Literatura e videoxogos. Será no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) durante dous meses: dende o 5 de decembro ata o 9 de febreiro. A inauguración está prevista para este 5 de decembro ás 12.00 horas.
A mostra poderase visitar polas tardes durante a semana (de 16:30h a 19:30h) e as fins de semana tamén pola mañá (de 10:00h a 14:00h e de 16:30 a 19:30h). As reservas para centros de ensino poderán facerse a través do correo info@muvi.gal ou no teléfono 986112931 de luns a venres de 9 a 14h.
Segundo salientan o Concello de Lugo e o MUVI, a exposición xa pode ser considerada un éxito de participación incluso antes da súa apertura, xa que están inscritos preto de medio milleiro de alumnas e alumnos para gozaren das visitas guiadas de 2 horas de duración, en grupos pequenos de alto valor divulgativo.
literatura_e_videoxogos_mostra_lugo_mihl.jpgA mostra significa o peche das actividades da Fundación Museo do Videoxogo neste 2023. O proxecto está impulsado pola Área de Cultura e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e enmárcase nunha das principais liñas de traballo nas que a citada entidade, declarada de Interese Cultural Galego en 2020, leva traballando nos últimos anos.
“Esta mostra é a máis grande, a máis ambiciosa e a de maior duración de tódalas desenvolvidas ata agora pola Fundación MUVI”, explican os seus impulsores (os irmáns Jacobo e Galo Martínez, dende Cangas), engadindo que “abordará a relación entre dous medios culturais como son a literatura e os videoxogos: as narrativas e a lingua integradas como elementos inseparables das obras interactivas, asi como as retroalimentacións, sinerxías e xéneses existentes entre ambas”.
Trátase, engaden, “dunha exposición de interese para tódalas idades e que conta cun elemento divulgativo innovador: un calendario continuo para centros de ensino durante a semana, e que supera nestes intres os 400 alumnos inscritos, resultando un éxito antes de anunciarse”.
muvi_lugo_exposicion.jpg A exposición contará con máis de 20 sistemas de videoxogos e outros tantos títulos interactivos de tódalas épocas (incluíndo xogos creados en Galicia) que convivirán durante máis de 2 meses cunha vintena de obras literarias para o entendemento da súa relación.
O Comisariado do Museo do Videoxogo levará a cabo, en coordinación coa Área de Cultura e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, actividades divulgativas gratuítas especialmente deseñadas para centros de ensino, en exclusiva e durante varias xornadas en horario de mañá en forma de visitas guiadas con contidos didácticos sobre a mostra nos propios espazos expositivos do MIHL.
A exposición permanecerá aberta ao público, de balde, dende a súa inauguración o día 5 de decembro ata o día 9 de febreiro de 2024.
“O noso obxectivo”, explican dende o MUVI, “é achegar unha solución tecnolóxica innovadora dentro do eido museístico, cultural e expositivo, ademais de explorar novas vías á hora de presentar e
relacionar contidos, obxectos, obras ou ideas”. E engaden: “Navegando por ela, as persoas visitantes terán a posibilidade de gozar dunha experiencia reflexiva, transversal, que pretende convidar aos curiosos a afondar e perderse nalgúns dos lugares máis apaixonantes desta temática”.
Quinto aniversario do MUVI
muvi_museo_videoxogo.jpg Como conclusión a este traballo de meses de xestación en coordinación coa Área de
Cultura do Concello e co MIHL, o remate da exhibición Literatura e Videoxogos coincidirá coa celebración do quinto aniversario da apertura do Museo do Videoxogo (MUVI) en Cangas do Morrazo o 2 de febreiro de 2019, sendo a primeira exposición permanente e museo de videoxogos aberto en España, e a primeira fundación nacional adicada en exclusiva á historia do videoxogo. Dende a súa creación, explican os creadores do MUVI, “tódalas iniciativas e proxectos da entidade teñen por vontade amosar o mundo do videoxogo ao público como unha forma máis de expresión cultural e artística, coa rigorosidade e o respecto que merece, de xeito inclusivo e transversal a toda a sociedade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?