Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo de Pontevedra publica na súa web un mapa interactivo sobre o SEG nas terras do Deza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo de Pontevedra publica na súa web un mapa interactivo sobre o SEG nas terras do Deza

S. P.
Publicado: 05/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

museo_pontevedra_xeiras_do_deza.jpgO Museo de Pontevedra puxo na Rede, a disposición da cidadanía, as transcricións dos cadernos de Xosé Filgueira Valverde e Sebastián González García-Paz sobre o patrimonio artístico de 70 parroquias de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Entre a documentación do Seminario de Estudos Galegos (SEG) que conserva o Arquivo do Museo de Pontevedra atópanse varios cadernos e notas soltas con apuntamentos recollidos por Xosé Filgueira Valverde e Sebastián González García-Paz durante as xeiras de Deza, as saídas conxuntas pola comarca que fixeron os membros do Seminario entre 1928 e 1935. A transcrición destas anotacións está agora dispoñible para a cidadanía nunha sección na web do Museo.
O espazo web conta cun mapa interactivo a través do cal é posible navegar polas 70 parroquias ás que se refiren as notas que se conservan no museo. Son 47 de Lalín, 9 de Vila de Cruces, 6 de Agolada, 5 de Rodeiro, 2 de Silleda e 1 de Dozón. Na páxina de detalle de cada parroquia, atópase unha pequena introdución sobre o paso dos membros do Seminario de Estudos Galegos, unha galería de imaxes con fotografías e debuxos realizados polos seminaristas, e un documento en PDF coa transcrición das notas de campo tomadas por Filgueira e González.
O contido do espazo web complétase cun buscador para acceder á base de datos das transcricións e unha páxina de artigos relacionados co Seminario de Estudos Galegos. Este repositorio, que segundo confirman fontes do Museo “irá medrando nos próximos meses”, conta neste momento cun artigo de María Jesús Fortes Alén sobre o “misterio” da manipulación dunha das fotos máis coñecidas dos membros do Seminario; dous estudos que acompañan a edición facsimilar de Romance de unha fatal ocasión e Tibi Bastianus Imperator Peruensis editada polo Museo; e un artigo coa transcrición, a cargo de Eva Pena Rodríguez, das actas do SEG entre 1923 e 1926.
A publicación deste espazo web forma parte da ampla programación coa que o Museo de Pontevedra celebra o centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos. As actividades arrancaron en setembro, cando se realizaron dúas saídas a castros de Silleda e Lalín e ao mosteiro de Carboeiro, respectivamente, lembrando as xeiras á comarca de Deza. En outubro, o Museo organizou unha xornada de conferencias sobre o papel de Pontevedra e os pontevedreses dentro do Seminario. Xa en novembro celebrouse unha xornada sobre o Corpus Petroglyphorum Gallaeciae, de Ramón Sobrino Buhigas, obra de referencia da arqueoloxía galega publicada polo SEG en 1935.
A última acción conmemorativa foi a publicación en edición facsimilar de dous romances inéditos de 1935: o Romance de unha fatal ocasión, que os seminaristas dedicaron a Castelao, e o Tibi Bastianus Imperator Peruensis, que dedicaron a Sebastián González García-Paz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?