Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da USC traballan nun proxecto que implanta as tecnoloxías avanzadas na formación en saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da USC traballan nun proxecto que implanta as tecnoloxías avanzadas na formación en saúde

S. P.
Publicado: 05/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Raquel Rodriguez, esquerda, Manuel Gandoy e David Facal
Raquel Rodriguez, esquerda, Manuel Gandoy e David Facal
Empregar dispositivos como lentes intelixentes para a formación de profesionais da saúde é un dos elementos máis destacados dun proxecto de innovación interdisciplinario no que participa a USC: unha iniciativa coa que se pretende deseñar, poñer a proba e expandir o uso das novas tecnoloxías para reforzar as competencias asistenciais de profesionais, estudantes e profesorado do ámbito da saúde. “Con dispositivos coma as lentes intelixentes”, explican os impulsores do proxecto, “unha persoa profesional da Enfermaría podería gravar un procedemento de forma que se poida amosar o vídeo nunha aula e debater sobre cal sería o paso seguinte ou analizar se se fixo correctamente”.
O equipo da USC está composto por Manuel Gandoy Crego e Raquel Rodríguez González como investigadores principais, xunto a David Facal Mayo, Marcos Pazos Couselo e Alba Elena Martínez Santos, das facultades de Enfermaría e de Psicoloxía.
Manuel Gandoy explica que o uso de lentes intelixentes “permitiría aprender o procedemento nun contorno controlado e seguro” e a idea é que participen nas probas do sistema arredor de cen persoas na Facultade de Enfermaría compostelá, que colabora no proxecto co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Serían “estudantes dos últimos cursos do grao e dos mestrados de Enfermaría e Xerontoloxía” e o uso dos dispositivos comezaría en 2024.
A investigación, denominada Video-modelling approach applied to the initial and continuous profesional development of surgeries teams (ClinicalModelling) iniciouse o pasado mes de outubro financiada a través do programa Erasmus+ e conta cunha duración de dous anos. Ademais de empregar lentes intelixentes (smartglasses) para capturar e analizar imaxes de vídeo nos procesos de ensinanza-aprendizaxe no ámbito da saúde, vanse deseñar e probar novos materiais didácticos no contexto sanitario, para a formación en Enfermaría e cursos de especialización.
O consorcio ClinicalModelling reúne socios de catro países, incluíndo INOVA+, Escola Superior de Saúde Santa Maria e Fundação Santa Maria en Portugal, Hospital Xeral Novo Mesto e Universidade de Liubliana en Eslovenia, Universidade Jagiellonian en Polonia, e a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde en España.
Calcúlase que nos catro países participantes tomarán parte nas distintas accións do proxecto arredor de oitocentas persoas. A USC terá un papel relevante para sentar as bases deste enfoque docente innovador no contexto da formación en Enfermaría a niveis tanto de pregrao como de profesionais, ademais de analizar a seguridade da metodoloxía dende o punto de vista ético. Co seu enfoque interdisciplinario, traballarase no desenvolvemento de casos, a avaliación de probas, e a promoción da innovación no sector da saúde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?