Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN participa nun novo instrumento europeo ao servizo dos proxectos innovadores: Vinnovate
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN participa nun novo instrumento europeo ao servizo dos proxectos innovadores: Vinnovate

S. P.
Publicado: 07/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20231205vanguardinitiative2_gain_alianza_europea.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu en Bruxelas á conferencia de celebración do décimo aniversario da Vanguard Initiative, rede europea dirixida a impulsar a colaboración interrexional en innovación. Neste marco, os responsables da rede deron a coñecer o lanzamento de Vinnovate, servizo de financiamento para apoiar proxectos de innovación en colaboración interrexional orientados a satisfacer as necesidades das empresas, cuxa primeira convocatoria publicarase en 2024.
GAIN, a través da súa participación nesta rede, ten o obxectivo de buscar oportunidades en Europa para captar fondos e promover a innovación nas empresas galegas, en liña co obxectivo de impulsar a apertura e visibilidade internacional do ecosistema galego de innovación establecido na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e os novos servizos postos en marcha para fomentar a participación das entidades galegas, especialmente das pemes, en programas de financiamento da I+D+i europeos.
A xuntanza serviu para amosar os logros e fitos acadados nunha década de funcionamento desta alianza e serviu tamén para afondar no futuro da especialización intelixente, a cooperación interrexional e o crecemento baseado na innovación. Socios clave, líderes rexionais e expertos da industria debateron ao redor do papel fundamental das rexións na identificación de necesidades financeiras e cadeas de valor para acadar a era das emisións cero no 2050.
Neste contexto, representantes das preto de 40 rexións que forman a rede asinaron unha carta na que se comprometen a lanzar Vinnovate, un instrumento de financiamento da innovación que, nas súas palabras, “representa un gran paso adiante en liña co compromiso fundacional feito en Milán no 2013 de promover e facilitar acceso a financiamento combinado para proxectos, contribuíndo así ao renacemento da industria europea”.
A Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte desde 2015, inclúe 38 rexións de toda Europa comprometidas con guiar co exemplo e impulsar a colaboración interrexional en innovación baseada nas complementariedades identificadas nas súas Estratexias de Especialización Intelixente centradas na industria.
Esta colaboración industrial está canalizada a través de oito proxectos piloto que seguen a metodoloxía dos catro pasos: aprender, conectar, demostrar e comercializar. Estes proxectos piloto teñen contribuído ao éxito da alianza e á aprobación pola Comisión Europea dun novo programa de financiamento dotado con 570 millóns de euros, o I3-Investimentos en Innovación Interrexional, operativo desde 2022.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?