
Segundo informou Adamo con motivo desta despregadura, “Ourol vén de agarrarse aos novos tempos e segue a batallar fronte ao temido fenómeno de despoboamento, que, como tivo en conta o BdE, provoca que leve case un século perdendo habitantes, que pechase as portas do seu único centro educativo en 2015 e que pasase a ter 7 edís no canto de 9 no principio do ano por baixar de 1.000 veciños (o seu padrón quedou en 999 no último día de cómputo)”.
Fontes de Adamo lembran que a empresa leva xa un tempo traballando na despregadura e na distribución do sinal da Internet neste concello da Mariña. A análise dos traballos pasados, presentes e futuros labores centrou unha xuntanza recente entre o equipo de Gobierno do Concello e numerosos veciños con David Llano, responsable da compañía en Galicia, celebrada a semana pasada. O alcalde, José Luis Pajón, ademais de celebrar o aceso da fibra óptica, está a impulsar o desenvolvemento da infraestrutura tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando en todo momento o labor dos técnicos.
Ola, veciño!
Co obxectivo de dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo dispón dunha práctica ferramenta: Ola, veciño! Trátase dun formulario que se pode encher na web da empresa e que permite a Adamo avisar ao interesado en canto a fibra chegue ao seu fogar. Así mesmo, as persoas interesadas nos servizos da operadora poden acceder a súa web e picar en chamámoste para que un teleoperador da compañía contacte con elas.
Ourol estrea rede de fibra óptica grazas á despregadura de Adamo
Compartir Este Artigo

