Dende PuntoGal quere celebrar esta época festiva cunha rebaixa de prezo ao contratar un novo nome de dominio que fixa o prezo máximo dun dominio .gal en 10 euros + IVE. Esta promoción á que se acollen os rexistradores Openprovider, OVH, Dinahosting, Don Dominio, INWX, Radia, Cdmon e Arsys estará vixente ata o vindeiro día 22 e a imaxe coa que se ilustra é obra de Claudia Pérez Corral, artista multidisciplinar con especial sensibilidade pola intervención téxtil.
Actualmente o dominio .gal contan con preto de 7 mil rexistros, e continúa a promover a súa adopción entre persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran darse a coñecer na Rede como pertencentes á comunidade galega.
Os dominios .gal rebaixan o seu prezo ata o día 22
Compartir Este Artigo

