Os móbiles de gama media de Samsung que prometen ser os supervendas no que resta de ano veñen de presentarse oficialmente. Trátase do Galaxy A55 5G e Galaxy A35 5G, que pese aos seus prezos contidos contan con funcionalidades fotográficas avanzadas, pantallas que se adaptan ao contorno mediante Galaxy Booster e con funcións de seguridade como Knox Vault.
O Samsung Galaxy A55 5G chegará ao mercado con 8 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento, pantalla Super AMOLED Full HD+ de 6,6 polgadas cunha taxa de refresco de 120 Hz, cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 Mpízeles e estabilización óptica (acompañado cun ultra grande angular de 12 Mpíxeles e unha cámara macro de 5 Mpíxeles), cámara frontal de 32 Mpíxeles e batería de 5.000 mAh.
O Samsung Galaxy A35 5G reduce lixeiramente as súas especificacións, de xeito que o modelo básico vén con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento (pero tamén poderá adquirirse con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento), a súa cámara traseira mantén sensor principal (pero reduce o seu ultra grande angular a 8 Mpíxeles) e a cámara frontal confórmase con 13 Mpíxeles.
Está previsto que estea móbiles cheguen ao mercado o vindeiro 8 de abril, e ata 28 de abril incluirán de agasallo coa súa compra uns auriculares Galaxy Buds FE.
En abril chegan os Samsung Galaxy A55 5G e A35 5G
Compartir Este Artigo

