Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ParatradIT-2024 xunta na UVigo 240 expertos en audiovisual, tradución e videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ParatradIT-2024 xunta na UVigo 240 expertos en audiovisual, tradución e videoxogos

S. P.
Publicado: 21/03/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_paratradit-2024_para1.jpgEstes días estase a celebrar na UVigo o I Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia, ParatradIT-2024. En total, 240 persoas de 15 países están inscritas nun simposio que se celebra de xeito presencial na Facultade de Filoloxía e Tradución e tamén en modalidade virtual. Participan profesionais da produción audiovisual e máis concretamente do sector estratéxico da industria do videoxogo, xunto con docentes, persoal investigador e estudantes. O congreso ten as portas abertas ata este venres (dende onte). Porase o foco nas novas tecnoloxías dixitais e o impacto da Intelixencia Artificial na tradución e interpretación.
O profesor José Yuste, organizador do simposio xunto con Óscar Ferreiro, Emmanuel Bourgoin e Ramón Méndez, membros do Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución (T&P), explicou que “o congreso está dedicado a fortalecer as sinerxías entre a tradución e a paratradución, por unha banda, e as novas tecnoloxías dixitais aplicadas ás linguas e o seu coñecemento científico, pola outra”. Farase especial fincapé “no que está tan de moda dende hai uns meses, aínda que existe dende hai máis de 30 anos: a Intelixencia Artificial”. Así, as diferentes conferencias e relatorios abordarán o seu impacto “na tradución e interpretación, no ensino o no tratamento de linguas á hora de crear novas narrativas audiovisuais como a narrativa transmedia, é dicir, cando se fragmenta un universo narrativo global entre linguas e culturas diferentes empregando un abano de medios complementarios do máis variado para conseguir o que se busca en toda Sociedade da Información: a inmersión total do espectador en pantalla e fóra dela, co fin de crear o único obxectivo da sociedade do espectáculo na que vivimos, que é unha experiencia de entretemento global, coordinada e unificada a través de múltiples plataformas dixitais”.
O congreso, no que tamén colabora o grupo de investigación Tradies da Universidade de Córdoba, conta con 240 persoas inscritas de toda España e doutros 15 países, como Italia, Francia, Alemaña, Marrocos, Arabia Saudí, Rusia, Portugal, China, Xapón, Nixeria ou EEUU.
Ao longo dos tres días presentaranse 72 comunicacións, cun total de 95 relatores, ao que hai que sumar tres conferenciantes plenarios, arredor de 121 asistentes e 30 participantes nos seis obradoiros complementarios ao congreso.
O profesor José Yuste, investigador principal do grupo Tradución & Paratradución (T&P), explicaba na apertura do simposio que esta é a primeira “dunha serie de edicións que, ao longo dos anos, estudarán as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas, vixentes para traducir entre as linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia tan de moda, tanto en pantalla como fóra dela, dende a perspectiva teórica, didáctica e profesional da paratradución”.
A vicerreitora de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Maribel del Pozo, tamén facía fincapé en que este congreso “representa un espazo onde a diversidade lingüística e cultural se entrelaza coa innovación tecnolóxica e a creatividade humana e no que se debaterá sobre os desafíos e oportunidades únicas para construír pontes entre as diversas formas de expresión e comunicación que enriquecen o noso panorama cultural e social”. A vicerreitora adiantaba que nas diferente sesións exploraranse “non só técnicas e ferramentas que facilitan a tradución e interpretación, senón tamén o seu papel no eido da transmedia, onde as historias e as mensaxes atravesan moreas de plataformas e formatos”.
Tralo acto de apertura, o congreso botou a andar coa conferencia plenaria de José Calvo, profesor titular da Universitat d”Alacant, que se centrou na IA en tradución cun enfoque crítico para a formación de tradutores e a ética profesional. Como destacaba, “a crecente accesibilidade a ferramentas de IA está transformando os paradigmas da tradución e a interpretación” e neste escenario, é “necesario” examinar o efecto da tradución automática na calidade e autenticidade das traducións e analizar os desafíos que presenta a IA en aspectos clave como a calidade, a recepción e a ética.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?