Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A creación de plataformas, series e podcast protagonizarán a Zona Pro do CIP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A creación de plataformas, series e podcast protagonizarán a Zona Pro do CIP

S. P.
Publicado: 21/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

carballo_interplay_2024-3.jpgO certame de contidos dixitais Carballo Interplay (CIP) adicará parte da xornada do venres 5 de abril á Zona Pro, un espazo de reflexión e xuntanza no que voces relevantes do mundo dixital e audiovisual conversarán sobre temas de actualidade e tendencias nestes eidos. Falarase do éxito da rexouba e a nostalxia na Rede cos xornalistas Juan Sanguino, Raquel Piñeiro e Anxo F. Couceiro, do estado dos podcast e series web co investigador e director de Estación Podcast Nacho Gallego e co cineasta Joël Bassaget.
O lanzamento de OTT nas televisións autonómicas CRTVG e EITB, de Euskadi será outra das cuestións a tratar. Ademais, durante a tarde os asistentes poden participar nun obradoiro de creación dixital da man de Pol Mallafré, de Mockudrames. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de balde no formulario dispoñible na páxina web do festival.
Entre o 4 e o 7 de abril
cip_417687829_977514554376809_2648296501334155390_n.jpg O Carballo Interplay celebrarse entre o 4 e 7 de abril e terá como sede o Mercado de Carballo. Unha das misións do evento é converterse no centro da creación audiovisual e dixital sendo altofalante das últimas tendencias na Rede e convidando a profesionais, empresas e curiosos nestas áreas. Na Zona Pro reúnense nesta undécima edición distintas voces que darán conta da súa experiencia. Abrirá a xornada o tema OTTs nas televisións autonómicas. Adaptación e fusión para o presente ás 10:30, coa participación de María Sabucedo (directora das plataformas de CRTVG Agalega.gal e Xabarin.gal) e Unai Iparragirre, director de EITB. Ás 11:30 comezará o panel con Joël Bassaget, guionista de series de animación dende 1989 e investigador na Universidade de Wollongong (Australia), falará das tendencias actuais no mundo das web series. Ás 12:30 o tema do panel será o podcast, da man de Nacho Gallego, investigador da industria sonora e director de contidos de Estación Podcast, un dos eventos máis importantes da creación sonora en español.
cip_417552941_977523041042627_3749986929373919302_n.jpg Pecha a xornada da Zona Pro o panel Internet para explicar o presente a través do pasado. É a rexouba éxito asegurado? O rexurdimento en redes sociais da cultura das décadas 1980 – 1990 e a valorización da cultura popular, ou cultura pop, na actualidade serán algúns dos temas dos que falen Juan Sanguino (xornalista cultural e autor do ensaio Cómo hemos cambiado ou do podcast Delirios de España), Raquel Piñeiro (escritora e xornalista, publica dende 2019 artigos sobre vodas de famosos do pasado en Vanity Fair) e Anxo F. Couceiro (xornalista especializado en cultura, crítica de televisión e crónica social, coordinador dos especiais da revista Lecturas Años Dorados).
Durante a tarde, ás 18:00 no Mercado de Carballo, terá lugar un obradoiro aberto de creación dixital, con entrada de balde, a cargo de Pol Mallafré, o cómico detrás do nome de Mockudrames. Mallafré compartirá cos asistentes como crear vídeos para internet cunha mensaxe potente e divertida, dende elixir o formato, o ritmo ata o traballo en fases de montaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?