De cando en vez Ikea sorprende con produtos de electrónica de consumo como as súas luces conectadas (que conseguen competir coas de Philips grazas a ter un prezo máis agresivo) ou os seus altofalantes sen fíos (que poden presumir dun deseño que se integra moi ben no fogar), pero desta volta o accesorio que está a chamar a atención é moito máis básico: o cargador USB-C SJÖSS.
Falamos dun cargador USB-C con 2 conectores que pode achegar ata 45 watts de corrente nunha das súas tomas ou ata 22 watts cando se empregan as súas tomas á vez, resultando ideal para aproveitar a carga rápida de smartphones e tabletas (é compatible con PD 3.0, QC4+ e PPS), aínda que coa potencia dabondo de poder cargar incluso moitos ordenadores portátiles. Temos así un produto bastante completo e práctico, que sorprende por ter un prezo de só 12,99 euros, cando outros cargadores de marcas como Anker, UGREEN ou Belkin están dispoñibles a prezos bastante superiores (19,99, 29,99 e 33,99 euros respectivamente).
Ikea sorprende cun cargador USB-C dobre moi económico
Compartir Este Artigo

