Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN loce ecosistema innovador galego no Foro Europeo Transfiere 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN loce ecosistema innovador galego no Foro Europeo Transfiere 2024

S. P.
Publicado: 22/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240322gaintransfiere.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) está a poñer en valor, no Foro Europeo Transfiere 2024 que se celebra ata este venres 22 en Málaga, o modelo de ecosistema galego de I+D+i. Faino a través dun mostrador institucional no que participa unha delegación dunha vintena de entidades de I+D+i galegas que presentan neste encontro profesional e multisectorial as súas capacidades científicas e tecnolóxicas.
Están presentes a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde da Consellería de Sanidade; as Universidades da Coruña, Santiago e Vigo; a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Idis), o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), a Delegación do CSIC en Galicia, a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), que engloba ao centro tecnolóxico AIMEN, a ANFACO-CECOPESCA, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) , Gradiant, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Energy Lab e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM); o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), Tecnópole, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (BIOGA), o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC) e Unirisco. Esta iniciativa ten como obxectivo “xerar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación que se está a facer en Galicia”.
Segundo lembra GAIN, Transfiere 2024 é “o maior evento europeo sobre transferencia no que compartir coñecemento científico e tecnolóxico, conectar o ecosistema de I+D+i español co ámbito global e vincular ciencia e empresa.” Ademais, a Axencia Galega de Innovación interveu este xoves nunha mesa redonda na que se debateu sobre a territorialidade na innovación, xunto a representantes do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e das administracións autonómicas de Andalucía, Illas Baleares e a Comunidade Valenciana.
A participación neste foro enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que ten como obxectivo “mellorar a transferencia dos resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo, de maneira que se valorice o investimento en ciencia, xerando tamén impacto na sociedade”.
O Programa Ignicia é unha iniciativa singular e pioneira en España, que contribúe desde 2016 á transformación do modelo económico en Galicia. A través de Ignicia apoiáronse 32 proxectos e impulsouse a chegada ao mercado de 13 deles (10 spin-offs creadas e 3 acordos coa industria), a creación de máis de 120 empregos ou a captación de 19,8 millóns de euros en investimentos e financiamento público-privado. Ademais, actualmente hai uns 200 profesionais formados en transferencia de coñecemento en Galicia a través do Programa Ignicia por medio de ciclos formativos específicos, ademais de facilitarlles asesoramento para a solicitude do certificado RTTP (Registered Technology Transfer Professional), o estándar internacional que acredita a competencia e experiencia dos profesionais da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Galicia é a Comunidade con máis profesionais de xestión de transferencia que contan coa acreditación RTTP, sumando actualmente unha vintena.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?