Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cidadanía da provincia da Coruña xa pode tirar proveito da aplicación MiDGT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cidadanía da provincia da Coruña xa pode tirar proveito da aplicación MiDGT

S. P.
Publicado: 25/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clave_app_mobil.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, informou que a provincia da Coruña é “pioneira en permitir ás persoas que se examinan da parte teórica do permiso de conducir coñecer as súas notas en tempo marca”. Segundo dixo, desde o 14 de marzo ofrécese á cidadanía a posibilidade de darse de alta en Cl@ve no mesmo momento de realizar o exame para así descargar a aplicación MiDGT e consultar na mesma os resultados. “Deste xeito, as persoas poden coñecelos en só unha hora, sen esperar as 18 que adoitan tardar en publicarse na web da DXT”, apuntou Rivas.
A subdelegada tamén destacou que ademais de tramitar o alta en Cl@ve no momento do exame, a cidadanía que desexe obter o identificador para poder realizar trámites coa Administración por vía telemática, a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña tamén permite solicitar a alta en Cl@ve permanente sen cita previa nas súas oficinas, “unha mostra máis da aposta constante da Administración por facilitar á cidadanía a realización de trámites por Internet”.
Rivas lembrou que as Xefaturas Provinciais de Tráfico de Bilbao e Zaragoza foron as primeiras en ofrecer estes servizos hai aproximadamente dous meses. Desde entón xa deron de alta máis de 1.000 persoas que poden relacionarse coa Administración telematicamente para realizar as súas xestións persoais coas mesmas garantías que se se fixese de maneira presencial. A elas uníronse o pasado 14 de marzo as xefaturas provinciais de Madrid, Barcelona, Valladolid, Sevilla, Valencia, A Coruña, As Palmas e Oviedo. No resto de provincias irase realizando de forma progresiva.
A subdelegada destacou que xunto coa nova funcionalidade para consultar as notas do exame teórico, a aplicación MiDGT permite tamén que, unha vez superadas as probas prácticas, os alumnos e as alumnas poidan dispor no seu móbil do permiso provisional de conducir sen necesidade de esperar por telo en formato físico. “Este documento dixital terá a mesma validez que o físico, pero só en territorio nacional”, sinalou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?