Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Carballo Interplay proxectará 20 series web dunha ducia de países na súa Sección Oficial (catro galegas)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Carballo Interplay proxectará 20 series web dunha ducia de países na súa Sección Oficial (catro galegas)

S. P.
Publicado: 26/03/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

carballo_interplay_2024.jpgO festival de contidos dixitais Carballo Interplay, impulsado polo Concello de Carballo e Interplay Producións, presentou este 26 de marzo a súa Sección Oficial de series web, que, un ano máis, recolle proxectos de todo o mundo con gran variedade de temáticas e xéneros. Serán 19 producións que se proxectarán divididas en bloques durante os días do festival, que será do 4 ao 7 de abril en Carballo.
A Sección Oficial responde ao obxectivo do certame de apoiar os creadores e creadoras en todas as etapas.
Alén da Sección Oficial, o festival convoca o seu Premio a Produción de Contido Dixital en Galego, un galardón que en palabras dos organizadores é “berce dunha xeración de novos cineastas e creadores de contido”, xa que desta iniciativa saíron series como Xan (2020), de Miguel Canalejo e Lucía Estévez, gañadora dun Mestre Mateo, ou Pringadas (2022), de Belén Puime, que foi un fenómeno en redes sociais. Nesta undécima edición catro proxectos chegaron á fase final, na que durante un pitching mostrarán as fortalezas da proposta ao xurado.
O festival CIP acollerá a estrea de A moza que abortou e o contou, o proxecto gañador na pasada edición ao premio a Mellor Proxecto de Serie Web, cunha contía de 3.000 € que permitiu a produción da serie. A protagonista da historia é Cora, unha moza que decide contar a súa familia que abortou, durante un encontro no Nadal, desatando debates e contradicións que a súa irmá pequena grava co teléfono. Dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga proxectarase o xoves 4 de abril ás 20:00 no Mercado de Carballo.
Nesta edición o premio dirixido ao desenvolvemento de producións en galego esténdese para aglutinar outros campos da creación dixital, como programas destinados á redes sociais. Os finalistas ao Premio a Mellor Produción de Contido Dixital en Galego presentarán as súas ideas nun pitching durante a tarde do xoves.
Entre as web series internacionais da Sección Oficial do Carballo Interplay atópanse proxectos de Canadá, Arxentina, China, Francia, República Checa, Colombia, Corea, Dinamarca, Australia ou Kazajstan. Ademais, 5 series web galegas presentaranse por primeira vez ao público: Nómades, dirixida por Marta Insua; Poscoito, de Héctor Rodríguez; Pulp Air, de Anita Pico e Rent-a-pal de Irene Pin. As proxeccións divídense en catro bloques en base á súa temática.
O programa inclúe tamén a actividade Sorpresas que da vida, o xoves 4 de abril ás 16h no Mercado de Carballo. As series neste bloque son Lady Ada”s Secret Society, Nómades, Cuarenta. Memorias en democracia, Hogtown/ Ainsi va Manu e Monster Dinner.
O venres será a quenda para o bloque Experiencias na vida, ás 19h. Neste bloque proxectaranse Les Chroniques de Gliwensbourg, BANANAS, En vida en extinción. Don Pancho, Poscoito e Restaurant in the town. Esta xornada rematará coa clásica Sesión Golfa, ás 23:30 cunha selección que leva por nome Risas que dan vida. O público coñecerá Pulp Airlines, a aeroliña máis excéntrica do aeroporto de Carballo e un repaso histórico no que hai máis improvisación que historia. As series deste bloque son Un mundo sin, Pulp Air, The struggle for existence, Historia Mal, Lowbudget e Content Farm.
Por último, o sábado ás 20:00 será a quenda do bloque Destinos na vida. Proxectaranse #Vanlife (Emotional), Alas, Rent-a-pal e #Annaismissing
O xurado formado polo cineasta Joël Bassaget, a curator de contido dixital Ainhoa Marzol e o fotógrafo Fran Rodríguez Casal decidirá os gañadores nas categorías de Mellor Serie, premio dotado de 800€, Mellor Dirección e dotado con 200€. Un xurado novo composto polo músico Daniel Valcárcel (coñecido como Aeronave Adolescente), o artista Mondra, a xornalista Iria Ramos e a poeta e debuxante Afra Torrado, darán outros 400€. Por último, o público asistente poderá votar e decidir o gañador do Premio do Público, de 400€. A entrega de premios será o domingo 7 ás 12:30 e estará presentada polo dúo cómico Izquierdo Sisters.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?