Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra lanza un concurso de relatos audiovisuais para conmemorar o Día dos Museos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra lanza un concurso de relatos audiovisuais para conmemorar o Día dos Museos

S. P.
Publicado: 27/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

micromuseo_depo_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra pon en marcha o Concurso Micromuseo, co que conmemorará o Día Internacional dos Museos, que se celebra o vindeiro 18 de maio baixo o lema Museos pola educación e a investigación e que está enfocado á comunidade escolar. O obxectivo con este certame, que se convoca este ano por vez primeira, é promover e apoiar a cultura e implicar directamente a comunidade escolar para contribuír ao coñecemento do valioso patrimonio cultural da provincia que se atopa no Museo de Pontevedra.
O concurso, enfocado a estudantes de educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional de centros escolares situados na provincia de Pontevedra, consistirá na presentación dun microrrelato en lingua galega en formato audiovisual de non máis de 60 segundos. Para levar a cabo os traballos deberán tomar como eixes temáticos ou argumentais os distintos edificios que compoñen o Museo ou calquera peza exposta nos edificios Castelao ou Sarmiento ou nas Ruínas de San Domingos, actualmente abertos ao público. O prazo para presentar os traballos comeza hoxe, 27 de marzo, e remata o 31 de maio. Os centros escolares interesados en participar deberán inscribirse por vía electrónica a través da Sede electrónica da Deputación.
A participación debe facerse en grupo, formado por entre 2 e 5 estudantes e un representante do centro escolar, e cada centro escolar só poderá presentar dous microrrelatos por categoría, que serán tres: a primeira, para oes estudantes de 5º e 6º de primaria; a segunda, para os que se atopen na ESO, e unha terceira para estudantes de bacharelato ou ciclos formativos. En canto aos galardóns, haberá un primeiro premio por categoría, dotado con 1.000 € para o centro escolar, tabletas para cada estudante do grupo e un lote de libros do Museo, e un segundo que constará de libros electrónicos para cada estudante do grupo e un lote de libros do Museo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?