Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 100 estudantes e profesores participarán en Silleda no hackathon pola convivencia de EpDLab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 100 estudantes e profesores participarán en Silleda no hackathon pola convivencia de EpDLab

S. P.
Publicado: 01/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hackaton1.jpgMáis de 100 alumnos e alumnas e docentes de toda Galicia participarán o vindeiro xoves día 4 de abril no Auditorio de Bandeira (Silleda), nun encontro creativo para reflexionar e promover prácticas de convivencia positiva e bo trato nos centros educativos. A cita vén da man do laboratorio EpDLab, proxecto de educación mediática, innovación didáctica e cidadanía global que pon o foco na aprendizaxe entre iguais e por proxectos e en facilitar que a mocidade de lugares diversos de Galicia interactúe en actividades creativas e educativas como por exemplo o devandito hackathon.
Segundo explican, o encontro terá o formato clásico de hackathon. Será pois un evento no que, nun breve espazo de tempo, un grupo de persoas intentarán crear solucións para unha problemática dada. “O hackathon de EpDLab”, explican, “achegará un espazo dinámico para que o alumnado elabore solucións creativas para problemas comunitarios”. Seguindo un itinerario de actividades, os e as participantes traballarán en equipos para reflexionar e crear contidos dixitais ao redor da convivencia e do respecto mutuo na súa contorna e na sociedade en xeral.
epdlab_hackathon-2.jpg O programa do evento, que se estenderá dende ás 11h ata ás 17h, será o seguinte:
11h Benvida e presentación da actividade, coa presenza da alcaldesa de Silleda, Paula Mª Fernández Pena, e da concelleira da Área de Benestar, Ángela Troitiño Gil.
11.30h Traballos en grupos intercentros: coñecemento e interaccións sociais, deseño.
12h Descanso e foto grupal.
12h30 Creación de contidos audiovisuais e dixitais
14h15 Xantar.
16h00 Mural Común de Coñecementos.
16.30h Exposición e proxección de resultados no salón de actos.
17h00 Saída buses
Este alumnado participa durante todo o curso 23-24 en EpdLab, un proxecto de innovación educativa que ven desenvolvendo a Asociación Galega de Comunicación Social (AGARESO) dende 2015 en centros de toda Galicia, e que traballa temáticas como as migracións, o medio ambiente, o consumo responsable, a veracidade das mensaxes e as loiadas (fake-news), a cooperación internacional, o voluntariado e o activismo a través da educación mediática.
Todos os produtos creados, así como o proceso de creación dos mesmos, “servirán para coñecer a visión de futuro da mocidade galega, representada por estes grupos procedentes de cinco institutos diferentes”, explican dende o laboratorio creativo, engadindo que EpDLab está deseñado e desenvolvido por AGARESO e financiado por Cooperación Galega. Este evento conta coa colaboración do Concello de Silleda e da Sociedade Deportiva Bandeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?