Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol acolle unha xornada empresarial para o alumnado do Mestrado en Informática Industrial e Robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol acolle unha xornada empresarial para o alumnado do Mestrado en Informática Industrial e Robótica

S. P.
Publicado: 02/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O coordinador do Mestrado en Informática Industrial e Robótica, Héctor Quintián Pardo
O coordinador do Mestrado en Informática Industrial e Robótica, Héctor Quintián Pardo
A sala de conferencias do Edificio de Batallóns do Campus Industrial de Ferrol acolle este xoves 4 de abril a partires das 09:30 horas a I Xornada de Prácticas en Empresa dirixida ao alumnado do Mestrado en Informática Industrial e Robótica. Nela participarán 6 estudantes dos últimos cursos do Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, titulacións que se imparten na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) pertencente á Universidade da Coruña.
O director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás, e o coordinador do dito Mestrado, Héctor Quintián Pardo, serán os encargados de inaugurar a cita, na que estarán presentes o fundador do estudio de automatización e robótica BAUP, Filipe Teixeira; o xefe de Proxecto de Tec de Soft Automation, Juan José Medina Albero; o responsable de Proxectos de Serprentrio Technologies, Marcos Taboada Díaz; a responsable das Relacións con Universidades e integrante do Departamento de Recursos Humanos de Navantia, María Teresa Galdo Aldrey; así como o responsable de Desenvolvemento UAS e o enxeñeiro de Sistemas da empresa de aeronaves non tripuladas Avincis, David Pérez-Piñar López e Yago Gómez Castro, respectivamente.
Tamén se achegarán ata o Campus Industrial de Ferrol o director comercial da empresa galega de subministro de material eléctrico, automatización e control industrial Diexfe, Óscar Vázquez Casas; o director de I+D+i de EMALCSA, Ricardo Vázquez Pérez; o director de IA e Data Analytics da multinacional NTT Data, Ángel Fraga Varela; a directora de Proxectos e o enxeñeiro especialista da empresa de enxeñaría en transición enerxética e sustentabilidade Technip Energies, María de los Ángeles Musacchia e José Gato, respectivamente; a administradora de Narontec, Montserrat Tuimil Parapar; así como a directora de Enxeñaría Eléctrica, o director de Tecnoloxías da Información Industrial e a directora do Departamento de Recursos Humanos da empresa global de enxeñaría especializada no sector siderúrxico Russula, Noelia Pérez, José Ramón González e Begoña Llaca Abos, respectivamente.
Ao longo da xornada, os e as representantes das 11 empresas participantes compartirán co alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) información relativa aos proxectos que teñen en marcha e aos que se poderán sumar realizando as súas prácticas curriculares, necesarias para obter o título de grao ou de mestrado (master), ou ben extracurriculares nestas compañías. Para favorecer esta incorporación, realizaranse entrevistas persoais durante toda a mañá no despacho anexo á Sala de Conferencias do Edificio de Batallóns do Campus Industrial de Ferrol.
O Mestrado en Informática Industrial e Robótica (60 créditos ECTS) impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña e na Escuela Superior de Ingeniería y Tecnología da Universidad de La Laguna desde o curso 2020/21. A maiores, ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación internacional co Instituto Politécnico de Bragança, en Portugal.
Unha vez rematada a súa formación, o alumnado terá unha sólida formación nas tecnoloxías relacionadas coa industria 4.0 como poden ser a robótica, a automatización industrial, a análise da información a gran escala (Big Data Analytics), a fabricación aditiva, a programación de dispositivos industriais, a computación na nube, a aplicación de técnicas de Intelixencia Artificial na industria, a Internet das Cousas (IoT industrial) ou a Realidade Aumentada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?