Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela acolleu unha xuntanza de expertos en IA para o seu uso na Administración autonómica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela acolleu unha xuntanza de expertos en IA para o seu uso na Administración autonómica

S. P.
Publicado: 02/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amtega_20240402_reunioncomisionia4.jpgEste martes 2 de abril tiña lugar na compostelá Cidade da Cultura a segunda reunión da Comisión de Expertos para o Desenvolvemento e Uso Ético da Intelixencia Artificial (IA) en Galicia. O obxectivo deste encontro é avanzar no debate sobre os contidos do proxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial en Galicia, que se atopa actualmente en elaboración. Asemade, buscouse coñecer a opinión dos expertos sobre as posibles alternativas para a xestión e seguimento da implantación desta tecnoloxía na Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia. A regulación sobre a identificación, desenvolvemento e introdución desta tecnoloxía na Xunta protagonizou o segundo gran bloque da lei que está en fase de elaboración, e que converterá a Galicia na primeira rexión europea en dispor dunha regulación específica sobre IA.
Emporiso, na súa primeira reunión, celebrada en xaneiro, a Comisión analizou os principios éticos e
xurídicos que deberán fundamentar a nova lexislación, entre os que se atopan os de transparencia, claridade, imparcialidade e ausencia de nesgos, reserva de humanidade e revisión humana, precaución ou avaliación no impacto nas persoas, na sociedade e no medio ambiente. Alén disto, tamén se analizaron os dereitos da cidadanía, así como os mecanismos que a lei debe prever para garantilos.
Cómpre engadir que amais da implantación e uso da IA, a lei tamén regulará o establecemento de medidas para o impulso desta tecnoloxía nas empresas, como axudas, bonificacións ou incentivos.
Unha das metas para a creación da Comisión de Expertos foi o compromiso da Xunta de aprobar nesta lexislatura a normativa precisa para facilitar a incorporación de tecnoloxías de alto impacto, tanto no sector público como nos diferentes sectores económicos. Engadir que a comisión está formada por dez persoas expertas en diferentes eidos, como a economía, a filosofía e evolución humana, a tecnoloxía aplicada, a ética e normativa ou a política pública.
Informar que a Comisión de Expertos para o Desenvolvemento e Uso Ético da Intelixencia Artificial en Galicia foi creada polo Goberno galego a finais de 2023 e está presidida polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño. Así, entre as funcións da Comisión salientan a elaboración de recomendacións e asesoramento sobre o desenvolvemento e o uso ético da IA en Galicia; asesoramento para impulsar accións formativas e de sensibilización en IA (dirixidas a empresas, administración pública e cidadáns); a formulación de propostas sobre a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030, co obxectivo de adaptar as súas medidas aos novos escenarios; e o asesoramento na avaliación do impacto da IA nos diferentes sectores produtivos de Galicia, Administración Pública e sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?