Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP e AMTEGA inauguraron a cuarta edición do Curso Superior en Ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP e AMTEGA inauguraron a cuarta edición do Curso Superior en Ciberseguridade

S. P.
Publicado: 02/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

egap_inauguracion.jpgUn total de 70 empregados públicos das administracións autonómica e locais e das universidades de Galicia participan dende hoxe no Curso Superior en Ciberseguridade, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional (CCN).
O curso foi inaugurado este martes á tardiña pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; o xefe da Área Normativa e Servizos de Ciberseguridade do Centro Criptolóxico Nacional (CCN), Pablo López; e o director do curso, Gustavo Herva Iglesias, na sede da Escola en Santiago.
A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia da formación no eido dixital para o persoal empregado público “xa que a pesar de que existen medidas de protección fronte ás ameazas, cada día xorden novas vulnerabilidades que supoñen importantes retos de seguridade”. Ademais, sinalou que “unha das mellores ferramentas das que dispoñemos para defendernos das ameazas é contar cun persoal especializado, formado e preparado para salvagardar a confianza da cidadanía nos servizos dixitais”. Sonia Rodríguez-Campos lembrou a necesidade de ofrecer unha formación específica ao persoal empregado público que realice funcións nas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ante a extensión da administración electrónica e o incremento dos ataques informáticos.
Pola súa banda, Julián Cerviño, salientou a responsabilidade coa que desde Administracións, empresas e cidadanía de Galicia se afrontan os riscos e desafíos de ciberseguridade, a través da colaboración. Cerviño lembrou que “en 2023, as plataformas de seguridade da Administración autonómica bloquearon máis de 167 millóns de intentos de ataques”, e dixo que “as claves da nosa capacidade de resposta están nun bo adestramento e formación do persoal empregado público, grazas a iniciativas como esta que hoxe comeza, e na visión estratéxica da Xunta fundamentada na colaboración”. Así mesmo, citou como exemplos desa colaboración os acordos co Centro Criptolóxico Nacional (CCN) e co Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE); a existencia desde 2018 dun Centro de Resposta a Incidentes de Ciberseguridade CSIRT.gal; o acordo marco e resposta a incidentes coas deputacións e concellos; ou a creación do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal.
Julián Cerviño lembrou que a Xunta ten ante si retos como a próxima creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (en Ourense); ou o desenvolvemento do proxecto RETECH-Ciberseguridade, en colaboración coas comunidades de Cataluña e Valencia, no que Galicia lidera a vertical sobre ciberseguridade no ámbito do transporte intelixente.
A cuarta edición do curso superior en ciberseguridade, cunha duración de 102 horas lectivas, entre sesións presenciais, de telepresencia e teleformación, rematará no mes de xuño e pretende afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como práctica. O curso busca “concienciar ás persoas participantes sobre a importancia da ciberseguridade na contorna actual, atendendo tanto á perspectiva normativa como á técnica e a práctica”, segundo sinalaron a AMTEGA e a EGAP, engadindo que o alumnado recibirá formación en boas prácticas para previr e detectar incidentes no uso de sistemas de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Este enfoque inclúe a comprensión dos riscos asociados ao emprego das TIC e a adopción de medidas preventivas para mitigalos.
En segundo lugar, o curso aborda aspectos relacionados coas políticas de seguridade para a protección da información, particularmente no uso de sistemas informáticos, conforme ao Esquema Nacional de Seguridade (ENS). Isto implica o estudo e análise das políticas e procedementos necesarios para garantir a seguridade da información en contornas dixitais, así como a comprensión das normativas e estándares aplicables neste ámbito.
Por último, esta actividade formativa proporciona unha visión global da seguridade dos sistemas de información, incluíndo a identificación de vulnerabilidades e de ameazas a riscos asociados. Esta parte céntrase no estudo das técnicas e ferramentas dispoñibles para protexer os sistemas de información fronte a posibles ataques.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?