Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto de medio centenar de empresarios suramericanos visitaron a Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto de medio centenar de empresarios suramericanos visitaron a Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 03/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cidade_das_tic_0.jpgEste luns 1 de abril máis de 40 empresarios suramericanos visitaron a Cidade das TIC no marco dunha misión europea organizada por Schneider Electric xunto con Startup Galicia, destinada a “coñecer o ecosistema emprendedor e tecnolóxico de Galicia”. Durante o encontro presentouse o proxecto de transformación da antiga Fábrica de Armas da Coruña, agora convertida en centro de coñecemento e emprendemento tecnolóxico, ademais de celebrarse dúas mesas redondas onde se tratou como se innova desde Galicia e a situación na que se atopa o ecosistema innovador galego.
Os empresarios que visitaron a Cidade das TIC proviñan de Arxentina, Colombia, Chile e Uruguai, que acudiron con representantes de importantes empresas galegas de tecnoloxía. Estes empresarios, pertencentes a compañías referentes na distribución de produtos electrónicos, centros loxísticos e tableristas eléctricos, foron recibidos ás 16.00 na Cidade das TIC polo director do complexo tecnolóxico, Alfonso Martínez. A cita comezou cunha benvida, trala que se realizou unha presentación do proxecto. A continuación, celebráronse dúas mesas redondas nas que se abordaron temas clave.
Na primeira destas mesas, titulada Como innovamos desde Galicia para o mundo, participaron Laureano Otero, director de Produto e Operacións da empresa galega Teimas; Xoel Vázquez, director executivo (CEO) e fundador de Xoia; e Javier García, responsable de Desenvolvemento de Negocio de Noukee, coa moderación a cargo de Aroa Ruzo Garcia, vicepresidenta de Schneider Electric para América do Sur.
visita_cidade_das_tic_4.jpg A segunda mesa, adicada ao Ecosistema Innovador Galego, contou coa participación de representantes de asociacións clave no ecosistema galego como Startup Galicia e Hub IN. O encontro terminou cunha visita ao Instituto Galego de Tecnoloxía, onde os asistentes puideron coñecer de preto as capacidades deste instituto e coñecer o hangar de drons exterior e interior.
Nun ambiente de “colaboración e aprendizaxe mutua”, empresas como Teimas, Noukee e Xoia compartiron as súas experiencias e innovacións, destacando o potencial e a relevancia do ecosistema empresarial galego.
En palabras de Carmen Pumariño de Startup Galicia, asociación impulsora do evento, “esta visita permite fortalecer lazos comerciais entre rexións así como abrir o noso ecosistema e poder mostrar a empresarios de América do Sur non só as capacidades, medios e tecnoloxía, senón, tamén, o espírito innovador e emprendedor que caracteriza a Galicia no ámbito tecnolóxico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?