Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo SpaceLab estrea unha estación terrea dotada de banda S
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo SpaceLab estrea unha estación terrea dotada de banda S

S. P.
Publicado: 03/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_space4.jpgEste martes 2 de abril o alumnado da UVigo SpaceLab presentaba a súa nova estación terrea, unhas instalacións situadas no edificio vigués Filomena Dato, eixo do procesamento da sinal e futuro centro de control para a misión espacial BIXO, algo no que levaban máis dun ano traballando.
Deste xeito, onte a equipa responsable deste proxecto explicaba polo miúdo nunha visita institucional que serviu de “posta de longo” desta nova infraestrutura e na que se contou coa participación do director de coordinación do Polo Aeroespacial de Galicia na Axencia Galega de Innovación (GAIN), Emilio Astray, que estivo acompañado da vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio; o vicerreitor de Transferencia e Sostibilidade, José Luis Míguez; o director do Campus Vigo Tecnolóxico, Daniel Villanueva, e o coordinador do grupo de investigación ATRG (Aerospace Technology Research Group) da UVigo Fernando Aguado.
“Esta nova estación ten unha inmensa vantaxe respecto a todas as que houbo ata o de agora na Universidade e que se resume na súa altísima taxa de descarga de datos, grazas a que está dotada de banda S, fronte ás anteriores que eran en banda UHF”, explicaron durante a visita os integrantes da equipa. Dito doutro xeito: “se desde o satélite se saca unha foto e se quere descargar, coas antenas das que dispoñiamos ata o de agora tardariamos unha semana en poder facelo, en cambio coa antena da nova estación pode facerse en apenas un día”.
A demostración comezou cunha análise detallada dos espectros de banda S e UHF, instrumento crucial para a misión, dado que estas bandas son as elixidas para a transmisión de datos do satélite BIXO. Mediante o uso de Radios Definidas por Software (SDR), amosouse aos participantes na visita como se poden identificar e distinguir as sinais recibidas dentro deses rangos de frecuencia.
Cómpre salientar a abraiante capacidade da estación para ser monitoreada e controlada remotamente. Neste senso, os responsables de UVigo SpaceLab apuntaron que mediante as cámaras de alta definición instaladas arredor da antena e noutros puntos estratéxicos, pódese dirixir e axustar a infraestrutura desde calquera parte do mundo.
Outro dos aspectos máis innovadores desta estación fai referencia ao seu manexo de múltiples zonas horarias en tempo real, “o que resulta esencial para a coordinación con outras estacións terreas e operacións satelitais a nivel global”. Esta capacidade asegura que a comunicación co satélite BIXO poida ser sincronizada con precisión, “independentemente da posición orbital do satélite ou a localización de colaboradores na terra”, un aspecto de elevada importancia dada a necesidade de coordinación requirida neste tipo de operacións espaciais.
O novo espazo albergará as bases de datos e software de control, ademais de servir como núcleo para a simulación electromagnética e estrutural. Esta capacidade de simulación resultará básica, segundo indicaron as alumnas e alumnos, para o deseño de antenas e para modelar estruturas dentro do ámbito espacial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?