Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores de atlanTTic participan nun proxecto para a xestión de enerxía eléctrica en vehículos lunares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores de atlanTTic participan nun proxecto para a xestión de enerxía eléctrica en vehículos lunares

S. P.
Publicado: 04/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

atlanttic_rovers-lunares-1024x641.jpgLevar a cabo sistemas de potencia para vehículos ambulantes non tripulados (os chamados rovers lunares) combinando paneis solares, baterías e xeradores termoeléctricos de radioisótopos (RTGs-Radiosotope thermal generators) é o que ten entre mans un grupo de investigadores do centro atlanTTic (Universidade de Vigo) e as universidades de Oviedo e Leicester (Reino Unido). Trátase da iniciativa Advanced Management Power Electronics for Radiosotope and Solar (AMPERS), financiada pola Axencia Espacial Europea (ESA) cunha duración de dous anos.
A dita iniciativa foi elixida para o proxecto Power management conditioning for hybrid radioisotope solar power systems, financiado con 340.000 euros. Botou a andar en setembro de 2023 e estenderase ata setembro de 2025.
Cómpre salientar que a participación da UVigo está liderada polo grupo Aerospace Technology Research Group, concretamente polos investigadores, e profesores da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense Carlos Ulloa e Fermín Navarro, completando o equipo Alejandro M. Gómez, Alejandro Camanzo e Manuel Diz, todos eles membros do Centro de Investigación atlanTTic. O líder do consorcio é o grupo de Sistemas Electrónicos de Alimentación da Universidad de Oviedo, con Manuel Arias e Pablo Fernández á cabeza e José Antonio Álvarez.
O proxecto ten como obxectivo deseñar sistemas de potencia eléctrica que combinen as diversas fontes de enerxía, como son solar, RTG e baterías, de modo que se garantan as demandas enerxéticas dun vehículo ambulante non tripulado no polo sur lunar (lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada). Neste emprazamento, sinalan, combínanse: rexións nas que nunca loce o Sol, polo que non hai enerxía solar dispoñible e rexións nas que o Sol nunca se oculta. Un vehículo traballando nesta contorna debe acomodarse a ambas situacións. Porén, comentan os investigadores, as tres fontes de enerxía indicadas por separado presentan algúns contras.
As tarefas do consorcio de AMPERS comprenden o dimensionado das diversas fontes de enerxía para cumprir as demandas, minimizando a masa e o volume. Os investigadores participantes apuntan que unha solución que só empregase RTGs sería moi pesada e voluminosa, mentres que unha que só usase paneis solares resultaría inviable, dada a falta de luz solar. No proxecto tamén avaliarán distintas arquitecturas do sistema de potencia co obxecto de minimizar as súas perdas.
A participación da UVigo nesta iniciativa dá continuidade á liña de colaboración existente coa Universidade de Oviedo centrada en misións á Lúa e á súa dilatada experiencia no control térmico de naves. Concretamente, o Aerospace Technology Research Group encárgase no proxecto de modelar a contorna térmica na que o rover traballará. Esta contorna térmica afecta á potencia producida polos paneis solares e os RTG, así como á operación das baterías. “Ademais, se as temperaturas fosen moi baixas, sería necesario o uso de calefactores. Estes calefactores contribúen á demanda de potencia eléctrica, polo que teñen un impacto nas tarefas que debe realizar a Universidade de Oviedo, o dimensionado das fontes de enerxía e do sistema de potencia”, indican desde a iniciativa. A Universidade de Oviedo desenvolverá os modelos de simulación do sistema de potencia e os seus prototipos funcionais. A Universidade de Leicester é o principal desenvolvedor en Europa de RTGs e no proxecto achegará modelos de simulación compatibles cos ideados pola Universidade de Oviedo. Facilitará tamén modelos eléctricos dos RTGs co obxectivo de simular o comportamento destes para a súa integración cos prototipos que se levarán a cabo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?