Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inaugúrase lucindo talento galego a 11ª edición do Carballo Interplay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inaugúrase lucindo talento galego a 11ª edición do Carballo Interplay

S. P.
Publicado: 04/04/2024
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

carballo_interplay_11_2024_inauguracion.jpgO festival de contidos dixitais Carballo Interplay abriu este xoves 4 de abril as portas da súa nova edición, a número 11. Fíxoo cunha xornada na que a creación galega dixital e audiovisual foi a protagonista. En concreto, arrincou cunha presentación a cargo das directoras do certame, Sonia Méndez e Andrea Villa, que destacaron o cambio de localización nesta nova entrega, “pois é a primeira vez que se celebra no Mercado Municipal, no corazón da vila bergantiñá”.
Na presentación participaron Jacobo Sutil, director de AGADIC; Natividade González, deputada da cultura da Deputación de A Coruña; Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Carballo e Evencio Ferrero, alcalde da vila. As institucións destacaron o papel do Carballo Interplay como “dinamizador da industria audiovisual e vontade de promoción da industria e os talentos dixitais de Galicia”. As directoras do festival dedicaron unha lembranza a El Hematocrítico, “amigo do festival e unha das voces máis queridas da Rede, que faleceu fai uns meses”.
No acto de apertura entregouse o galarón Dinoescolas, un programa dirixido a promover o talento audiovisual entre os estudantes. A continuación comezaron as actividades do festival, dedicadas esta mañá á creación de contido en galego na Rede.
En Petiscos no Derby, un formato de conversas presentado polo podcast Café Derby 21 -con Nico Carreira, Adrián Lede e Carme D Prol- participaron o cómico Pablo Meixe, a creadora de contido sobre medio ambiente Bloundiemuser, a creadora en Tik Tok Paula Jorge a actriz Lidia Veiga, que forma parte do podcast Exército Mekemeke. Durante a conversa, á que asistiron público de institutos e universidade, falaron das experiencias destes creadores de contido na Rede e a súa relación coa audiencia, o público ou sobre como é ter as redes sociais como traballo. Petiscos no Derby deu paso á Videoregueifa, un formato habitual no Interplay que nesta edición protagonizaron as creadoras de contido Sara Seco e Malva. Pola tarde o podcast Exército Mekemeke, finalista aos Premios Ondas a Mellor Podcast en Lingua Cooficial, realizou o seu primeiro programa en directo con público, que igual que o resto de actividades emitiuse por streaming.
cip_inauguracion.jpgA xornada da tarde destinouse ás series web. O equipo de A moza que abortou e o contou estreou o seu traballo, froito do premio á Mellor Produción de Contido Dixital en Galego. A obra dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga conta a historia dunha moza que decide contar nun evento familiar a historia do seu aborto, despertando contradicións en debates entre a familia. A moza que abortou e o contou ten a particularidade de estar gravada nun formato vertical. Collendo a remuda desde equipo durante a tarde realizouse o pitching para optar ao premio a Mellor Produción de Contido Dixital en Galego, cunha contía de 3.000 euros para que fagan realidade o proxecto.
O Carballo Interplay dedicará parte da xornada do venres 5 de abril á Zona Pro, un espazo de reflexión e xuntanza no que voces relevantes do mundo dixital e audiovisual conversarán sobre temas de actualidade e tendencias nestes eidos. Falarase do éxito da rexouba e a nostalxia na Rede cos xornalistas Juan Sanguino, Raquel Piñeiro e Anxo F. Couceiro, do estado dos podcast e web series co investigador e director de Estación Podcast Nacho Gallego e co cineasta Joël Bassaget. O lanzamento de OTT nas televisións autonómicas CRTVG e EITB, de Euskadi será outro. Ademais, durante a tarde os asistentes poden participar nun obradoiro de creación dixital da man de Pol Mallafré, de Mockudrames. Os interesados en asistir poden inscribirse de balde no formulario dispoñible na páxina web do festival.
Na xornada da tarde proxectarase ás 19:00 o bloque de series Experiencias da vida, Unha viaxe ata a Francia en guerra de 1915, a historia dun home que descobre un almacén de droga e decide facer negocio ou un repaso en clave de comedia a todas as situacións que se poden dar despois de ter sexo. Neste bloque proxectaranse Les Chroniques de Gliwensbourg, BANANAS, En vida en extinción. Don Pancho, Poscoito e Restaurant in the town.
Ademais, o cómico Xavi Daura presentará por primeira vez en Galicia o show de stand up XD. Co-creador do dúo Venga Monjas, Daura traballou como guionista en proxectos como Da Suisa e Museo Coconut e actualmente forma parte do equipo de La Resistencia.
Esta xornada rematará coa clásica Sesión Golfa, ás 23:30 cunha selección que leva por nome Risas que dan vida. A imaxinación voa cun universo no que non existen cousas tan básicas como chanzos ou cartos, o público coñecerá Pulp Airlines, a compañía aérea máis excéntrica do aeroporto de Carballo e un repaso histórico no que hai máis improvisación que historia. As series deste bloque son Un mundo sin, Pulp Air, The struggle for existence, Historia Mal, Lowbudget e Content Farm.

Axenda

Viernes 5 de abril
8:00 – 19:00 | Taller aberto creación dixital con Pol Mallafré (Mokudrames) | MERCADO MUNICIPAL
19:00 – 20:30 | Series “Experiencias de vida” | MERCADO MUNICIPAL
22:00 – 23:30 | SHOW XD con Xavi Daura | MERCADO MUNICIPAL
23:30 – 00:30 | Series hora golfa “Risas que dan vida” | MERCADO MUNICIPAL

Sábado 6 de abril
11:30 – 12:30 h | PANEL – E se imprimimos internet? | MERCADO MUNICIPAL
12:30 – 14:00 h | PANEL – O dixital é político | MERCADO MUNICIPAL
17:00 – 18:00 h | PANEL – PANTUBE. Tell me more. | MERCADO MUNICIPAL
18:30 – 20:00 | MALDITO BOLLODRAMA live show | MERCADO MUNICIPAL
20:00 – 21:30 | Series “Destinos da vida” | MERCADO MUNICIPAL
21:30 – 22:30 | Rajando con… PENA Y PÁNICO | MERCADO MUNICIPAL
00:00 – 01:30 h | Karaoke con Esteban | American Dreams

Domingo 7 de abril
11:30 – 12:30 | Código fonte audiovisual “Las amigas productions” con Carolina Iglesias y Laura Márquez | MERCADO MUNICIPAL
12:30 – 13:30 | Entrega premios con Izquierdo Sisters | MERCADO MUNICIPAL
13:30 h | Sesión vermú con Marta Salicrú | aXamonería | Rúa Coruña, 17, 15102 Carballo, A Coruña

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?