Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Europe Direct e a mocidade da Coruña enchen Instagram de información sobre a UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Europe Direct e a mocidade da Coruña enchen Instagram de información sobre a UE

S. P.
Publicado: 05/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

destino_europa.jpgMozos e mozas da provincia da Coruña serán durante as vindeiras tres semanas Embaixadorxs Destino Europa, co que axudarán difundir as iniciativas da Unión Europea para a mocidade a través das súas redes sociais. Trátase dunha campaña da oficina Europe Direct da Deputación da Coruña que comezou este 4 de abril e poderá seguirse a través da rede social Instagram baixo o cancelo #Embajadorxs2024 ata o día 26 deste mes.
Durante este tempo, nove mozos e mozas da provincia de entre 18 e 25 anos compartirán entre os seus seareiros información de programas como o Erasmus Plus, o Erasmus for Young Entrepreneurs, o Corpo Europeo de Solidariedade, as iniciativas EU Youth Dialogue e o European Youth Event, as Eleccións Europeas 2024, a rede EURES, o concurso DiscoverEU e o Interreg Volunteer Youth.
O grupo de embaixadoras/es participa en dúas reunións en liña preparatorias nas que se lles proporciona información precisa para desenvolver o seu papel. A primeira estivo orientada a coñecerse e recibir apoio e formación para desenvolver a campaña. No segundo encontro, que se celebrou onte, día do comezo das publicacións da campaña, tiveron oportunidade de conversar coa responsable de Comunicación da Representación da Comisión Europea en España e con outros mozos e mozas que tamén serán embaixadores polo centro Europe Direct de Asturias, que colabora con Europe Direct A Coruña para dar unha dimensión estatal á iniciativa.
Unha vez realizado o seu labor de embaixadorxs, os e as participantes serán premiados cun bono Interrail Global Pass, que lles permitirá viaxar por Europa durante un mes cun número total de sete días de transporte en ferrocarril.
Europe Direct organiza esta actividade dentro da programación do ClubUE, un espazo virtual pensado para achegar a mocidade as oportunidades que existen dentro da UE. O obxectivo da proposta é “implicar á xuventude da provincia para que se active como cidadanía europea e tamén achegar información sobre as oportunidades da UE á xente moza”.
Máis información dispoñible na páxina web da institución provincial coruñesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?