Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As vulneracións dos dereitos lingüísticos nos servizos en liña coparon a cuarta parte das queixas na Liña do Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As vulneracións dos dereitos lingüísticos nos servizos en liña coparon a cuarta parte das queixas na Liña do Galego

S. P.
Publicado: 05/04/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

a_lina_co_galego_presentacion_mesa_couceiro.jpgMarcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Soledad Agra, deputada de Lingua da Deputación da Coruña, presentaron este venres 5 de abril en Compostela o Informe anual da Liña do Galego correspondente ao 2023. Entre as principais conclusións do documento figura a constatación do importante número de queixas da cidadanía presentadas a través das diferentes canles durante o ano pasado, queixas relacionadas todas elas coas vulneracións á lingua galega en calquera das súas moitas manifestacións. Así, foron tramitados a través de chamadas, correos electrónicos e da aplicación móbil Liña do galego un total de 1129 expedientes, dos que 650 foron consultas, 29 foron parabéns e 450 foron queixas.
Destas queixas, a gran maioría estiveron motivadas polas discriminacións e exclusións lingüísticas (28%) e pola a toponimia deturpada (25% ). Un apartado no que as queixas medran ano tras ano é o referido ao uso do galego nas web e servizos online, que ao longo de 2023 supuxo o 22% das queixas recibidas pola Liña do Galego. “O establecemento da vida dixital leva as persoas galego falantes a se decataren de que os seus dereitos lingüísticos son vulnerados acotío nestes servizos en liña”, explicou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, quen lembrou que A Liña do Galego é o único servizo gratuíto que se oferta en Galiza para consultas, queixas e parabéns e que neste momento só conta coa colaboración da Deputación da Coruña, cuxo compromiso destacou “fronte ao absentismo das súas obrigas da Xunta de Galiza”, dixo, engadindo que “a acción da Liña do galego é recoñecida ano após ano nos informes da Valedora do Pobo ao Parlamento de Galiza como fundamental para resolver positivamente parte das denuncias con motivación lingüística que recibe a institución”, recordou, e serve para documentar denuncias internacionais como as presentadas no Consello de Europa ou a ONU.
Maceira salientou que o 41% das queixas dirixidas á administración recibidas recaen na Administración autonómica galega, “evidenciando os pasos atrás que o goberno da Xunta está a dar nos últimos anos en relación co impulso da lingua galega na Administración e no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía”. Asi, dixo, “quen máis debería facer cumprir a lexislación que protexe e ampara o galego é precisamente quen máis a incumpre e vulnera”, lamentou o presidente da Mesa.
Das queixas dirixidas á Administración autonómica galega, case a metade diríxense á Consellería de Sanidade (o 38% do total), mentres que a Consellaría de Educación recibiu un significativo 15%. O informe destaca, tamén, o aumento significativo das queixas que recibiron as tres universidade galegas, por impedir ou dificultar ao alumnado a realización de trámites en galego.
A Administración xeral do Estado recibiu o 34% das queixas, o que -en opinión de Maceira- amosa que “as persoas usuarias da Liña do Galego son cada vez máis conscientes de que os seus dereitos lingüísticos van máis alá das fronteiras galegas e que, por tanto, o goberno estatal tamén debe cumprir coas súas obrigas lingüísticas”. A maioría destas queixas diríxense ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, por deturpación de toponimia galega nos paneis das estradas e pola ausencia de atención oral e escrita en galego por parte de Renfe e Adif. Tamén son numerosas as queixas dirixidas ao Ministerio do Interior (20%).
Polo que respecta ás empresas, a que máis queixas rexistrou foi Vodafone (12%), especialmente a partir da campaña promocional Venche a Vodafone, que indignou a gran parte da comunidade galega “polo desleixo evidente no uso da nosa lingua”, sinalou Maceira. Síguea de preto Naturgy (11%), que, en palabras do presidente da Mesa, “ao longo dos últimos anos vén levando aos consumidores e consumidoras galegas a unha indefensión total á hora de usar a nosa lingua”.
Ademais, sinalou, “a falta de atención oral e escrita en galego, a sinalización e rotulación dos establecementos exclusivamente en español e a deturpación de toponimia galega nas comunicacións escritas e nas páxinas web son as principais queixas dirixidas ao conxunto das empresas e, tamén, ás entidades bancarias; sendo, neste último caso especialmente grave naqueles casos nos que as persoas usuarias se ven obrigadas a acudir a ditas entidades para pagar taxas das administracións públicas”.
A deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra, recordou que “é preciso traballar pola igualdade de dereitos lingüísticos e pola fin dos prexuízos, tópicos e actitudes negativas que aínda hoxe afectan ao uso da nosa lingua” e salientou a obriga das entidades públicas á hora de “garantir que calquera persoa que así o desexe poida desenvolver a súa vida plenamente en galego con normalidade”. Neste sentido, Agra salientou que “non debera ser a sociedade civil a que se organice na defensa dos seus dereitos lingüísticos”, pero mentres teña que ser así o compromiso do seu departamento coa Liña do Galego será inquebrantable e anima a cidadanía a facer uso deste servizo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?