Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN reforza ao seu apoio ás empresas aeroespaciais cunha nova convocatoria de BFAero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN reforza ao seu apoio ás empresas aeroespaciais cunha nova convocatoria de BFAero

S. P.
Publicado: 05/04/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gain_20240504bfaeroarzeos4.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) reforzou o seu apoio e compromiso co crecemento e internacionalización de empresas emerxentes do sector aeroespacial con proxectos disruptivos. Fíxoo cunha nova convocatoria do itinerario de consolidación da Business Factory Aero (BFAero), o programa de incubación, aceleración e consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia, cuxos detalles foron presentados este venres 5 de abril pola directora da axencia, Patricia Argerey, nunha visita á sede de Arzeos Aircraft, empresa apoiada no itinerario de incubación da quinta entrega de BFAero.
Segundo fixo saber, ata o 14 de maio ás 14:00 horas, empresas de ata 7 anos de antigüidade cunha proposta innovadora, especialmente no segmento das tecnoloxías de sistemas non tripulados, poden presentar a súa candidatura na web www.bfaero.es, onde tamén poden consultarse as bases da convocatoria.
As tres empresas que resulten seleccionadas beneficiaranse dun completo programa de apoio de seis meses de duración que contempla a mentoría por parte de profesionais e empresas do sector, como Airbus, Avincis e Telespazio; a formación, a asistencia a feiras especializadas, apoio económico de ata 30.000 euros en axudas, acceso ás infraestruturas e servizos do ecosistema aeroespacial de Galicia cun bono de ata 10.000 euros, e financiamento de ata 250.000 euros de Xesgalicia.
Ademais, Argerey salientou que as empresas seleccionadas terán a oportunidade de conectar con outros emprendedores, institucións e potenciais investidores coa súa incorporación ao ecosistema do Polo Aeroespacial de Galicia, do que xa forman parte máis de 100 axentes, unha oportunidade única para fomentar a colaboración e o intercambio de ideas.
Arzeos Aircraft
gain_20240504bfaeroarzeos1.jpg Patricia Argerey anunciou o lanzamento desta nova convocatoria nunha visita a Arzeos Aircraft, en Silleda, onde coñeceu da man dos seus promotores o innovador prototipo de aeronave ultralixeira desta empresa, que será presentado internacionalmente a finais de mes na feira Aero Friedrichshafen en Alemaña.
Arzeos Aircraft está participando no itinerario de incubación da 5ª edición da Business Factory Aero, onde recibiu 40.000 euros de apoio económico directo. O seu proxecto está centrado no deseño e fabricación desta aeronave ultralixeira que incorpora novos mecanismos de seguridade pasiva e innovacións en materia de aerodinámica e ergonomía, que supoñen unha mellora na operación de voo e na seguridade dos ocupantes. Trátase dunha avioneta deseñada e construída integramente en Silleda.
Ademais, foi unha das 126 financiadas no programa NEOTEC 2021 do CDTI, que apoia a empresas de recente creación con proxectos tecnolóxicos con gran potencial de crecemento, onde competiu con solicitudes de todo o territorio español; e acaba de obter unha axuda a novas firmas innovadoras do IGAPE, que apoia a emprendedores innovadores cubrindo investimentos e gastos de lanzamento e consolidación dos proxectos. Tamén obtivo a certificación de Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica da Xunta de Galicia en 2019, no ano da súa creación.
Balance BFAero
Un total de 42 proxectos empresariais incubáronse, aceleráronse ou consolidáronse nas cinco edicións da Business Factory Aero, desde o seu inicio ata a actualidade. En concreto, 15 en itinerario de incubación, 21 en aceleración e 6 en consolidación, ás que se sumarán as tres que se seleccionarán nesta nova convocatoria que hoxe se lanza.
Os proxectos das cinco primeiras edicións da BFAero, que ten a súa sede central en Lugo, xeraron 182 empregos; mobilizaron un investimento de 2,78 M€ (propio, de XesGalicia e de investidores externos); e rexistraron unha facturación conxunta de 6,54 M€ desde o inicio do programa en 2019. Catro delas obtiveron a certificación ENISA (Acre, Aguia, Anduriña e Proteus).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?