Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto galego impúxose no premio á Mellor Dirección do Carballo Interplay: Rent-a-pal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un proxecto galego impúxose no premio á Mellor Dirección do Carballo Interplay: Rent-a-pal

S. P.
Publicado: 08/04/2024
25 Min de Lectura
Compartir
25 Min de Lectura

cip_palmares_carballo_interplay_2024.jpgO festival de contidos dixitais Carballo Interplay despediu este domingo 7 de abril a súa undécima edición, marcada, en palabras da organización (Concello de Carballo e Interplay Producións) polo cambio de localización para o Mercado de Carballo, trasladándose ao corazón da vila e polo recoñecemento ao talento galego emerxente no ámbito audiovisual e dixital. O certame pechou o ano con dous dos momentos máis esperados: o espectáculo CFA. Lasamigas Productions da man de Carolina Iglesias e Laura Márquez, no que repasaron os seus referentes e inspiracións do mundo audiovisual e dixital; e a entrega de galardóns, dirixida polo dúo cómico Izquierdo Sisters.
Por primeira vez na historia do festival un proxecto galego acada o premio a Mellor Dirección. A lucense Irene Pin levouse o galardón, dotado con 200€. A serie web Rent-a-pal conta a experiencia de Andrea, unha rapaza que comeza a traballar nun negocio moi singular, unha empresa de alugueiro de amigos. O xurado, formado pola curadora de contido dixital Ainhoa Marzol, o cineasta Joel Bassaget e o artista Fran Rodríguez Casal destacou a “resistencia a adaptarse a unha estrutura narrativa fácil e coñecida para tomarse o seu tempo e peitear coidadosamente os anacos contemporáneos da vida”.
Este xurado tamén outorgou o premio de Mellor Serie a Historia Mal, dirixida polo andaluz Daniel Cervantes, unha obra de animación coa que lle dan unha volta á historia ou como sinalan os autores, “con máis improvisación que historia”. Neste caso o xurado destacouna como “divertida, intelixente e estrafalaria” demostrando que “os cartos non son problema cando se ten talento e coñecemento”. O premio económico neste caso é de 800€. A serie conquistou tamén ao público que se achegou ao Mercado a coñecela e cos seus votos concedeulle o Premio do Público, de 400€. A serie web Bananas, enviada dende República Checa, recibiu unha mención especial por parte do xurado.
O xurado novo, formado por Afra Torrado, Daniel Valcárcel Colino, Iria Ramos Mesía e o artista Mondra, destacou a contribución chinesa Monster Diner / 怪兽小馆, sobre monstros agochados entre humanos. Este Premio do Xurado Novo conta con 400€.
No caso do Premio a Mellor Proxecto de Contido Dixital en Galego, os gañadores foron o equipo da serie Delirio Sketch, co seu proxecto de serie de comedia. O Carballo Interplay aportará con este recoñecemento 3.000€ destinados á produción da serie.
Por último, nesta edición estreouse o Premio a Mellor Creador e Canle de Contido Dixital en Galego. Dez finalistas en ambas categorías, creador ou creadora e canle, presentaron os seus proxectos ante o xurado formado por Gabri Fuentes, Cibrán Tenreiro, Andrea Villa e Marta Salicrú. Finalmente foi a creadora de contido María Rúa, coñecida en redes como Prado Rúa, pola súa “autenticidade, carisma especial” destacado a calidade lingüística do seu contido e a “rotundidade” para defender “causas que considera xustas”, a gañadora a mellor creadora. Na categoría de mellor canle o gañador foi o vídeo-podcast O Faiado, realizado por estudantes da USC, por facer coas súas conversas e entrevistas “do local algo universal e viceversa” e o dominio da comunicación en redes sociais. O premio económico é de 600€ en cada categoría.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?