Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Montserrat Rigall impartirá un curso na USC sobre a creación de noticias con dispositivos móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Montserrat Rigall impartirá un curso na USC sobre a creación de noticias con dispositivos móbiles

S. P.
Publicado: 08/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_curso_mojo.jpgO proxecto Valcomm da USC (Facultade de Comunicación), o Grupo Novos Medios, a Cátedra RTVE USC, o grupo de innovación docente IDESVIR e a Cátedra CIRCOM organiza este mes de abril un curso práctico de Mobile Journalism (MoJo) con Monsterrat Rigall, xornalista e divulgadora de RTVE, experta en nova comunicación e Intelixencia Artificial. A cita xirará arredor da creación de noticias con dispositivos móbiles.
Celebrarase na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela os próximos días 29 e 30 de abril. Na cita, Rigall afondará como dixemos nos novos xeitos de crear contidos xornalísticos e nas diferentes ferramentas e aplicacións das que poden botar man as e os profesionais para optimizar e posibilitar esta nova práctica profesional.
Esta iniciativa será gratuíta para as 20 persoas participantes, que recibirán un certificado de participación. As persoas candidatas deberán ser graduadas en xornalismo e serán seleccionadas por orde de inscrición. As matriculacións poden facerse a través da Rede. O único requisito técnico necesario será o acudir ás sesións con smartphones con cámara integrada e conexión a internet. Con todo, as persoas asistentes poderán empregar libremente calquera ferramenta que mellore a calidade da gravación, como trípodes, estabilizadores de imaxe ou micrófonos de solapa adaptados a móbiles.
Na primeira das xornadas, Rigall profundará nos conceptos e consellos fundamentais para executar prácticas de xornalismo móbil de calidade, e concretará diferentes ferramentas e aplicacións útiles para a realización de MoJo. Na sesión de tarde, o alumnado dispoñerá de tempo libre para gravar e producir as súas propias pezas, que serán visionadas, revisadas e optimizadas na xornada do martes, día 30 de abril.

Programa curso MoJo

29 de abril
9:00 a 13:00: Sesión formativa sobre Mobile Journalism e aplicacións MoJo
Xornada de tarde: sesión libre para a elaboración de pezas informativas MoJo
30 de abril
9:00 a 13:00: Sesión de visionado, revisión e perfeccionamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?