Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura Galega dedica unha xornada a divulgar os fondos do seu arquivo sonoro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura Galega dedica unha xornada a divulgar os fondos do seu arquivo sonoro

S. P.
Publicado: 08/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_ccg_arquivos_sonoros.jpgO Arquivo Sonoro de Galicia (ASG), centro dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), organiza este11 de abril (16:30 horas) a xornada O Arquivo Sonoro de Galicia: fondos inesgotables para aprehender a nosa cultura. Nela daranse a coñecer unha parte dos documentos sonoros que se atopan depositados no ASG, ao tempo que “se analizará a importancia que estes teñen para enriquecer o coñecemento sobre a cultura e identidade galegas”. A cita, que terá lugar de xeito presencial na sede do CCG, ten aberto o seu prazo de inscrición.
O Arquivo Sonoro de Galicia conta con máis de 50.000 rexistros, un número que segundo lembra o CCG “increméntase de xeito continuado debido ás doazóns de particulares e institucións”. Estes documentos sonoros, engade o Consello, “constitúen unha fonte relevante para coñecer a cultura e a lingua galegas, para afondar no patrimonio oral e musical propio, así como para estudar a historia, os movementos sociais e os fluxos migratorios”.
Dos elementos que compoñen o arquivo, o CCG salienta contidos como a colección de máis de 700 lousas, entre as que se atopan as primeiras gravacións de 1904 do coro Aires da Terra ou as producións sonoras impulsadas pola emigración radicada en Bos Aires e Cuba, que permiten achegarse aos inicios da historia fonográfica da música galega.
Co obxectivo principal de “divulgar unha parte destes rexistros”, a xornada reúne diferentes especialistas e integrantes da Comisión Técnica do ASG. Nela analizaranse algúns aspectos relevantes do fondo (tipos de soporte, repertorios, estilos, singularidades…) e exporase a importancia que, en termos xerais, teñen os documentos sonoros como fonte e ferramenta de investigación.
O programa
Abrirá a sesión María Jesús López, xefa do Servizo de Documentos Sonoros e Audiovisuais do Departamento de Música e Audiovisuais da Biblioteca Nacional de España, cun relatorio que leva por título O documento sonoro como fonte primaria de información. A continuación, Xaime Estévez, catedrático de música en educación secundaria e membro da Comisión Técnica do ASG, achegará as particularidades e os aspectos singulares dos fondos que compoñen o Arquivo Sonoro de Galicia. A sesión rematará coa intervención de Beatriz Cancela, musicóloga e membro da Comisión Técnica do ASG, quen se centrará en analizar especificamente a presenza das bandas de música e dos orfeóns nos fondos do xa citado arquivo. Presentarán aos relatores Cristina Pujales, coordinadora técnica do ASG; o director do arquivo, Alejo Amoedo, e Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e integrante da Comisión Técnica do ASG, respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?