Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Delegación do Goberno organiza unha xornada para abordar a violencia de xénero no eido dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Delegación do Goberno organiza unha xornada para abordar a violencia de xénero no eido dixital

S. P.
Publicado: 08/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

delegacion_goberno_xornada_vg.jpgA Delegación do Goberno en Galicia organizará unha xornada de formación sobre violencia de xénero no eido dixital dirixida aos e ás profesionais do ámbito da igualdade e a protección das mulleres e a persoal das Forzas e Corpos de Seguridade. A sesión, que leva por título Visibilización, prevención e sanción da violencia de xénero dixital, desenvolverase na mañá do 25 de abril no salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
A inscrición tamén se abre aos estudantes e profesionais do dereito que queiran ampliar os coñecementos xurídicos sobre esta particular forma de exercer a violencia machista.
A xornada está impulsada e coordinada pola Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación do Goberno en colaboración coa Facultade de Dereito da UDC e intégrase nas actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Durante a sesión abordarase a realidade da violencia de xénero dixital, como leva a cabo, como podemos detectala cando se produce e que normativa e ferramentas xurídicas existen para freala e sancionar aos seus autores.
Tras a inauguración institucional, tomará a palabra Ana Catoira, profesora de Dereito Constitucional e decana da Facultade de Dereito da UDC, que abordará as distintas formas de violencias dixitais e detallará as respostas normativas e xudiciais contra elas.
A seguir celebrarase un diálogo entre José Julio Fernández Rodríguez, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago e Lorena Casal Otero, pedagoga e profesora en Pedagoxía da Universidade de Santiago, Nesta intervención conxunta habían falado sobre a pervivencia da discriminación por medio de instrumentos tecnolóxicos de desinformación.
Esta xornada parte da base da extensión de novas formas de violencia de xénero que se propagan a través da tecnoloxía, principalmente a través das redes sociais e incrementada cun mal uso da Intelixencia Artificial.
Segundo explica a Delegación para poñernos en contexto, “a nova forma de exercer violencia de xénero particularmente está a afectar a colectivos vulnerables como o da adolescencia, sendo un claro exemplo diversas manifestacións como as prácticas do ciberbullying, o sexting, o stlaked, o grooming, o shaming e o doxing. A estes fenómenos únense a difusión sen o consentimento da vítima, dos seus datos e imaxe persoais, ameazas, difamacións, acoso, humillación, ataques que afectan a liberdade de expresión das mulleres, incluso sendo menores de idade.
A asistencia á xornada é gratuíta pero require dunha inscrición previa que pode formularse ata o 11 de abril no formulario habilitado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?