Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha SEDIX, a primeira sociedade profesional de enxeñeiros técnicos en Informática de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha SEDIX, a primeira sociedade profesional de enxeñeiros técnicos en Informática de Galicia

S. P.
Publicado: 08/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sedix_enxeneria_tecnica_en_informatica_de_galicia.jpgO pasado 5 de febreiro constituíuse en Vilagarcía de Arousa a que sería a primeira sociedade de tipo profesional que se rexistra por parte do Colexio de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Galicia. Trátase da empresa SEDIX Ingeninería Técnica en Informática, con domicilio social na rúa Arcebispo Lago da dita localidade. Segundo explica o equipo responsable desta nova iniciativa, a nova empresa é unha transformación en Sociedade Profesional dunha xa preexistente, denominada Atlantic IT Solutions And Services, SLU, e constituída en plena pandemia (marzo de 2020).
Co nome de Atlantic, viña prestando servizos como o desenvolvemento de aplicacións informáticas a medida, o deseño de páxinas web e a configuración e posta en marcha de sitios de comercio electrónico, así como a redacción de informes periciais en materia informática e outros traballos de índole dixital relacionados.
Xunto co cambio de denominación social e tipoloxía, incorporáronse catro novos socios á empresa pasando a ser un total de cinco. Así os socios, de maior a menor cota de participación social pasan a ser: Sergio Cores Acha (director executivo CEO), Damián Aragunde Pérez, María Esperanza Fernández Rey, Iago Moreira Rubio e Santiago Rey López.
Actualmente, coa marca SEDIX (siglas de SErvizos DIXitais), os cinco socios pretenden “apostar pola figura das sociedades profesionais como marca de calidade e garantía de bo facer nun sector onde a falta de regulación fai que as empresas campen ás súas anchas e o intrusismo profesional é a tónica habitual”.
A empresa ten a súa sede principal en Vilagarcía de Arousa pero posúe tamén unha oficina satélite na Coruña (Centro de Iniciativas Empresariais Mans, no Polígono de POCOMACO), auspiciado pola Fundación Paideia.
“Para nós”, explican, “é moi importante estar no ecosistema tecnolóxico que se está creando na Coruña, sendo a Facultade de Informática da UDC unha das máis prestixiosas de España, xunto coa recente inauguración do primeiro edificio da Cidade das TIC na vella Fábrica de Armas, ademais de que o Goberno de España apostou pola Coruña como sede de AESIA (Axencia de Intelixencia Artificial). Pero ao mesmo tempo, non queremos abandonar a localidade natal de catro dos nosos cinco socios, Vilagarcía de Arousa, posto que é unha cidade co seu propio ecosistema emprendedor e ademais conta cunha situación xeográfica perfecta para atender a clientes en toda Galicia vía AP-9, eixo atlántico ferroviario, ou co tren a Madrid en pouco máis de tres horas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?