Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As adicións aos móbiles e o diñeiro dixital centran este luns unha xornada en Mariñán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As adicións aos móbiles e o diñeiro dixital centran este luns unha xornada en Mariñán

S. P.
Publicado: 08/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

delegacion_goberno_xornada_vg_2-2.jpgEsta mañá inaugurouse a III Xornada Formativa sobre o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, o programa operativo do Ministerio do Interior dirixido a garantir e promover a cultura de seguridade na poboación escolar e previr, tamén, o mal uso das novas tecnoloxías.
A cita, que aborda cuestións relacionadas coa adicción e o acoso online, foi inaugurada a primeira hora polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que reivindicou a cooperación entre administracións, forzas de seguridade e comunidade educativa para “promover a convivencia nos colexios e institutos de Galicia” e “garantir que a formación, a adquisición de valores cívicos e o crecemento persoal sexan protagonistas nestes espazos”.
A xornada, organizada pola Área de Educación da Delegación do Goberno, reúne este luns no Pazo de Mariñán (Bergondo) a máis de 75 persoas representantes da comunidade escolar de Galicia e a Forzas de Seguridade do Estado para analizar os retos da convivencia e seguridade nos centros educativos de Galicia. Entre elas, atópanse os formadores e formadoras da Policía Nacional e da Garda Civil que levan a cabo as accións formativas deste Plan Director. A elas dirixiuse o delegado do Goberno, recoñecendo unha dedicación que “vai moitas veces máis aló do que lle corresponde ao posto”, e que o ano pasado traduciuse en 4.160 charlas e accións formativas en 995 centros educativos de Galicia.
O delegado lembrou o impacto crecente que o Plan Director ten en Galicia, como o amosan, dixo, as cifras que acada ano a ano: “En 2023 asistiron a estas sesións formativas preto de 125.000 persoas, das que 112.000 eran nenos e nenas e o resto eran docentes e pais, nais e titores”. A estas cifras engadiu as 14.000 vixilancias nos contornos dos centros educativos e o labor permanente de asesoramento e consello sobre temas de seguridade escolar.
Xunto ao delegado, no acto de inauguración participaron a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a deputada provincial e delegada en materia de Educación da Deputación da Coruña, Yoya Neira.
A xornada aborda en catro mesas redondas distintas temáticas que responden ás demandas trasladadas polas persoas que fan a formación nos centros educativos e polos propios equipos directivos e docentes. Nesta ocasión, celebraranse catro coloquios ao longo do día, que versarán sobre adiccións, saúde mental, acoso sexual ou acceso ao diñeiro dixital. Nelas participarán persoas expertas, formadores da Policía Nacional e Garda Civil, responsables de asociacións e de empresas de sectores relacionados coas distintas temáticas.
A xornada será clausurada ás 18 horas pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. A axenda inclúe unha charla sobre a adición ao móbil e as súas derivadas, moderada por Isabel Ruso de Lago, directora do IES Eusebio da Guarda, contándose coa presenza de Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Consello de Colexios Profesionais de Informática de España e do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (membro do Comité de expertos para protexer aos menores no contorno dixital, do Ministerio de Xuventude e infancia), Marta Carballal Mariño, pediatra de atención primaria da área Sanitaria da Coruña e Maite Lage López, psicóloga clínica e responsable da Unidade de Día de ACLAD (Asociación Coruñesa de Loita Antidroga).
A axenda tamén inclúe, pola tarde, unha sesión sobre as ameazas no uso do diñeiro dixital polos e polas adolescentes. Modera Gerardo Rodríguez Velo, coordinador de programas de AGALURE (Asociación galega de ludópatas rehabilitados) e participan Diego Arceo Bello, inspector e xefe do Grupo de Investigación Tecnolóxica da Policía Nacional da Coruña, Ramón Peña Pérez, formador do Plan Director da Guardia Civil de Lugo amais de experto en tratamento dos roles do xogo, e Rafael Villaverde Mogo, director executivo (CEO) de Infonet Ciberseguridade, Premio PEL Deputación da Coruña á mellor iniciativa empresarial consolidada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?