Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Prosegue nos concellos da Coruña a xira da mostra dixital Experiencia Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Prosegue nos concellos da Coruña a xira da mostra dixital Experiencia Europa

S. P.
Publicado: 09/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

europe_direct_experiencia_europa_7.jpgA oficina Europe Direct A Coruña (Deputación da Coruña) organiza esta tempada unha iniciativa itinerante para amosar á cidadanía e ás entidades locais a realidade da transformación tecnolóxica na que está mergullada a UE: Experiencia Europa. Este proxecto forma parte dun amplo programa de actividades para público en xeral impulsado pola dita oficina que inclúe tamén obradoiros de relatos orais (Coñece Europa con Kalopsia) ou espectáculos de ilusionismo (A Maxia de Europa).
Volvendo a Experiencia Europa, desenvólvese nos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e presenta o seguinte calendario de visitas:
Valdoviño: Do 22 de xaneiro ao 19 de febreiro de 2024
Carral: Do 19 de febreiro ao 18 de marzo de 2024
Dumbría: Do 18 de marzo ao 15 de abril de 2024
Porto do Son: Do 15 de abril ao 13 de maio de 2024
Negreira: Do 13 de maio ao 10 de xuño de 2024
Pontedeume: Do 10 de xuño ao 10 de xullo de 2024
Biblioteca Provincial: Do 10 de xullo ao 9 de setembro de 2024
Vimianzo: Do 9 de setembro ao 7 de outubro de 2024
Frades: Do 7 ao 28 de outubro de 2024
Experiencia Europa é unha exposición itinerante que os municipios da provincia, especialmente os rurais, poderán acoller co obxectivo de facer partícipe a toda a cidadanía da relevancia da transición dixital en Europa.
Os visitantes aprenderán, utilizando modernos dispositivos multimedia, como funciona a Unión Europea e como inflúe na súa vida diaria. A mostra ofrece tamén un espazo interactivo no que os cidadáns terán a oportunidade de achegar a súa opinión ao estudo sobre cales son os principais retos da Unión Europea.
Obxectivos
–Dar a coñecer a relevancia da transición dixital en Europa e a participación de toda a cidadanía nesa transición co desenvolvemento de habilidades dixitais para participar activamente na sociedade do futuro.
-Achegar contidos sobre o funcionamento das institucións europeas á cidadanía da provincia, ofrecendo aos veciños a oportunidade de participaren e expresaren a súa opinión no debate europeo.
-Promover unha experiencia dixital que dinamice a información europea e potencie os produtos dixitais do centro Europe Direct A Coruña, dando a coñecer os seus servizos.
-Descentralizar as actividades do centro Europe Direct A Coruña a nivel provincial, para achegar a información europea a todo tipo de público, tanto no ámbito urbano como rural.
Transición dixital
A transición dixital en Europa é o eixo central da exposición, que poderá experimentarse a través de dispositivos multimedia con pantallas táctiles. Desde eles, os visitantes poden acceder ao Espazo Europa, unha contorna virtual que mestura 3D e 4D no que se poden explorar os símbolos e valores da UE, así como a importancia da cultura e a ciencia. Tamén haberá un espazo dedicado a descubrir o Parlamento Europeo, a través de vídeos, xogos e outros medios.
A experiencia continúa na área Aprende, visita, xoga e participa, cun apartado dedicado ao coñecemento da Intelixencia Artificial, na que a Unión Europea é pioneira na súa regulación, así como visitas virtuais a institucións europeas e xogos educativos para todas as idades.
Experiencia Europa ofrece tamén un recuncho interactivo onde os cidadáns e as cidadás terán a oportunidade de achegar a súa opinión a un estudo provincial sobre os principais retos para o futuro da Unión Europea. O público poderá levar como recordo da súa experiencia unha fotografía xerada por un sistema de IA que sitúa ao usuario en diferentes espazos.
A exposición complétase cunha mostra de vídeos producidos por Europe Direct A Coruña e que proporcionan “información tanto xeneral como especializada sobre as oportunidades de participación e formación que ofrece a Unión Europea a diferentes públicos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?