
O alumnado participante, dividido en 26 equipos de entre tres e seis persoas, terá que superar tres retos: un Segue liñas con obstáculos, a proba do Varrendeiro e unha competición de sumo. No Segue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do Varrendeiro, o alumnado terá que empregar algoritmos semellantes aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Acadará a maior puntuación aquel equipo que consiga barrer todos os obxectos do taboleiro no menor tempo posible. Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
Nesta III Olimpíada Robótica participará alumnado de secundaria e/ou de bacharelato do Colexio Plurilingüe Compañía de María e do IES Salvador de Madariaga da Coruña, do IES Saturnino Montojo, do Colexio Tirso de Molina e do Colexio Cristo Rey de Ferrol, do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha de Betanzos e do IES Perdouro de Burela.
Os nomes dos equipos e os colexios participantes son os seguintes: Os equipos RoboComp1 e RoboComp2 do Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña); o equipo Falacias do IES Salvador de Madariaga (A Coruña); os equipos Supermontis, Saturnianas e Montipython do IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña); o equipo de Noskponer do Colexio Tirso de Molina (Ferrol, A Coruña); o equipo Los ingenieros de la fe do Colexio Cristo Rey (Ferrol, A Coruña); os equipos Bolita, Tomate, RCP, 111, Hamburguesas Extintas, CAM, MJ63, Jamón Serrano, Los evidentes do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña); os equipos Bonito-Bot, Torques-Bot, Dalsy Laranxa, Marosa-Bot, Perdouro-Bot, Burela-Bot, Portelo-Bot, Cantiño-Bot e Reliño-Bot do IES Perdouro (Burela, Lugo).
Máis de 110 estudantes de ESO e Bacharelato de toda Galicia participarán na III Olimpíada Robótica de Ferrol
Compartir Este Artigo

