Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ames AV Lab colaborará con estudantes na materialización dos seus proxectos audiovisuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Ames AV Lab colaborará con estudantes na materialización dos seus proxectos audiovisuais

S. P.
Publicado: 09/04/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ames_lab_av-2.jpgO Ames AV Lab, que se atopa na recta final da fase de captación de proxectos, está realizando dúas reunións informativas en centros educativos esta semana: o martes na Facultade de Comunicación da USC e mércores no Centro de Formación Profesional CIFP Imaxe e Son en A Coruña. En ambos os centros, realizaranse presentacións a estudantes de último ano de formación e de mestrado, co propósito de brindarlles a oportunidade de materializar a súa idea de proxecto ou o proxecto que teñan en marcha.
Ademais destas dúas reunións informativas nos centros educativos a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, vén de reunirse no Espazo A Proa cos usuarios interesados en participar nesta primeira fase de captación. Esta sesión tivo como obxectivo principal proporcionar unha descrición detallada sobre a natureza e alcance do laboratorio, presentando o manual do participante, as súas actividades, programa formativo e docentes especializados. A concelleira foi acompañada por María Lloves (técnica municipal) e Ramón Tubío, director de Craftium.
Segundo fixeron saber, o Ames AV Lab “representa un fito sector audiovisual de Ames”, unha iniciativa co-financiada pola Deputación da Coruña que “marca un avance significativo no desenvolvemento e a promoción do sector audiovisual local”.
Máis polo miúdo ten o obxectivo de “impulsar a produción audiovisual, fomentar o talento emerxente local e posicionar o sector audiovisual amesán como referente a nivel galego e nacional”.
Dirixido a creadores con proxectos en diversas etapas de desenvolvemento, ofrece un respaldo integral para materializar ideas desde a súa concepción ata a súa realización.
O proceso de selección constará de dúas etapas: preselección de 30 proxectos presentados e selección, tras entrevistas personalizadas, de 15 proxectos para participar na academia de Ames AV Lab.
Durante oito meses, os proxectos seleccionados terán acceso a un programa formativo adaptado ás súas necesidades, así como a servizos de titorización, mentoring, asesoramento especializado e financiamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?