Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O COETG participa na xornada sobre Aceptación Universal de PuntoGal e a ICANN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O COETG participa na xornada sobre Aceptación Universal de PuntoGal e a ICANN

S. P.
Publicado: 10/04/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

universal_acceptance_icann-2.jpgEste xoves 11 de abril ás 11 horas celébrase na nosa terra (dende a EE de Telecomunicación da UVigo) unha xornada informativa e de concienciación sobre a UA (Universal Acceptance ou Aceptación Universal), dentro do programa mundial da ICANN (Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números) para ampliar as facilidades de acceso á Rede a toda a poboación, sen distinción de lingua ou sistema de escritura. O UADay desenvolverase en máis de 50 actos en todo o mundo (o listado completo pode consultarse en universalacceptance.day). A cita galega vén da man da Asociación PuntoGal e a ICANN, co apoio do Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), a través do colexiado e enxeñeiro Javier Fernández Fraga.
Para quen descoñeza de que falamos ao referírmonos a Aceptación Universal, dicir que é un termo que vai ligado á capacidade de sistemas informáticos, aplicacións e plataformas en liña para recoñecer e tratar axeitadamente calquera tipo de información ou contido, independentemente da súa orixe, formato ou idioma. Dito doutro xeito, implica que as tecnoloxías deberían ser deseñadas e implementadas de xeito que poidan xestionar e interpretar sen problemas caracteres, símbolos e estruturas de datos de diferentes culturas e linguas. A UA resulta fundamental para asegurar a accesibilidade e a equidade dixital, garantindo que todas as persoas, independentemente da súa procedencia ou idioma, poidan participar plenamente no mundo dixital.
Indo ao encontro do 11 de abril, informar que participarán: Rebeca Pilar Díaz Redondo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo; Camilo Regueiro, vicepresidentede PuntoGal; Edita de Lorenzo, profesora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da UVigo e Javier Fernández Fraga, do Colexio de Enxeñeiros en Telecomunicación de Galicia. Asemade, tamén intervirá Andrea Becalli, de ICANN, o organismo que promove o UADay en todo o mundo.
A xornada terá lugar o xoves 11 de abril na Sala de Xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (Rúa Maxwell, 16, 36310 Vigo), ás 11 horas da mañá. Terá formato híbrido, de xeito que se poderá asistir tamén de xeito remoto. En calquera caso, será preciso inscribirse na ligazón habilitada.
En canto á Aceptación Universal, Javier Fernández Fraga, do COET, afirma que “Internet ofrece unha oportunidade única para unir a xente de diferentes partes do mundo e compartir ideas e experiencias, pero para facelo construtivo e enriquecedor é fundamental promover unha interoperatividade de sistemas que fomente un entorno en liña inclusivo. A través da aceptación universal, creamos unha comunidade onde todas as voces son valoradas en igualdade. A nós, como enxeñeiros, correspóndenos facilitalo”.
Edita de Lorenzo comenta sobre a Aceptación Universal que “se as telecomunicacións teñen sentido e por e para a interacción entre persoas, polo que é esencial promover o respecto á diversidade de opinións, culturas e identidades. No caso da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, transmitimos estes valores a diario, e a aceptación universal é un xeito de aplicalos no traballo. Ademais, isto será unha vantaxe competitiva para os produtos e solucións desenvolvidos polas enxeñeiras e enxeñeiros titulados nun mercado cada vez máis globalizado.”
Segundo o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, a celebración deste evento “é un paso máis no compromiso do dominio cunha rede aberta a todas as culturas e linguas e co posicionamento do dominio como un actor de referencia no ámbito TIC en Galicia”. Xunto con outras iniciativas, como as colaboracións coa GlobalCyberAlliance, as WomenforCyber ou o nodo de ciberseguridade galego CIBER.gal, o dominio galego “exerce un papel relevante como parte da infraestrutura da rede, sen esquecer o apoio a proxectos no ámbito do seu programa corporativo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?